🌷🌷A PRIMAVERA.🌷🌷
Como xa sabedes a primavera comezou o 20 de marzo e hai días que chove e outros que vai calor. Así é a primavera! Nalgunhas ocasións prodúcese un fenómeno visual llamado "arco da vella" , que seguramente coñeceredes moi ben. Hoxe imos traballar aspectos relacionados coa primavera así que imos arrincar.
📗CIENCIAS DA NATUREZA.Ver o vídeo do arco da vella.
Fíxate como se produce o arco da vella e as cores para facer despois as actividades das linguas. Contestar oralmente a estas preguntas: Que será un arco da vella lunar? Hai máis cores no arco vella?
📘📙 LINGUAS.
Dúas opcións.
- Descargar o pdf e facer as actividades.👇 Abaixo
- Copiar na libreta.
📕MATEMÁTICAS.
Resolver estes problemas baseados na primavera. Le varias veces, rodea os datos, calcula e non te esquezas de escribir a solución.
PREME PARA VER O PDF
🎵🎵MÚSICA.🎵🎵
E por último escoitamos a Vivaldi e a súa Primavera.
📌Unha vez feitas todas as tarefas podedes comprobar no Solucionario se están ben fritas.
✂E como manualidade déixovos unhas flores de cores para celebrar a primavera. Preme no ENLACE.
Aquí unha foto da primavera na miña casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que pensas?