Amosando publicacións coa etiqueta Que estou a facer?. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Que estou a facer?. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de xuño de 2020

Que estou a facer?

💟🌸DISFRUTANDO DO SOL E DA VIDA.💟🌸

Boas tardes! Agora que xa falta pouquiño e vai calor podemos aproveitar as tardes para recoller flores e facer coroas, colares, pulseiras...como fixeron as nosas dúas compis. Que fotos máis bonitas!!👭👭



martes, 26 de maio de 2020

Que estou a facer?

🎨OBRAS DE ARTE🎨

Mirade que debuxos tan preciosos publico esta tarde no blog!A súa autora díxome que é arte urbano de Bansky e o outro debuxo, é unha  acuarela dun loro. Fermosos!😍😍 Gracias por compartir.



luns, 25 de maio de 2020

Que estou a facer?

😋RICA EMPANADA!!!😋

Boas! Ás veces eu estou tan tranquila na miña casa, corrixindo as tarefas que me enviades, e de pronto recibo fotos como a imaxe, que tedes abaixo, e danme ganas de comer empanada..... Que bo aspecto ten esa empanada, por favoooor!! Comparte, rapaciño, comparte.😛😛



sábado, 16 de maio de 2020

Que estou a facer?

🌺UNHA ALFOMBRA DE FLORES🌺

Preciosísima manualidade feita pola nosa compañeira C.,; as flores son fantásticas!! Grazas por compartir, mociña!!



xoves, 14 de maio de 2020

Que estou a facer?

💆SESIÓN DE MAQUILLAXE.💆




Adiviña , adiviñanza...
¿Quen será
o rapaciño dragón
que se atopa
debaixo desta cor?


mércores, 13 de maio de 2020

Que estou a facer?

ENSINANDO AS MIÑAS CREACIÓNS.



Boas!

Ás veces unha imaxe vale máis que mil palabras. Este rapaciño é increíble.😂😂😂😂


luns, 11 de maio de 2020

LUNS 11 DE MAIO.

LUNS 11 DE MAIO

17 DE MAIO
DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Empezamos unha nova semana especial xa que o domingo 17 é o día Das Letras Galegas. En honor a este día tan sinalado para todos e todas nós, o venres de videochamada, celebraremos o noso día das Letras Galegas cunha refrán, adiviña, poema... en galego. Se queredes tamén podedes vestirvos cunha camiseta branca e algo azul celeste como un lazo, ao igual cas cores da bandeira de Galicia. Durante esta semana subirei ao blog actividades voluntarias para coñecer ao homenaxeado deste ano Ricardo Carvalho Calero.

📢📢E agora imos coas tarefas para o día de hoxe. Pero antes recordarvos:

Esta semana  faremos o repaso de ciencias da natureza (martes), lingua galega (mércores) e o xoves (matemáticas), que teredes que enviar e como prazo o domingo 17. O venres publicarei o recordatorio de todos os envíos.
Boa semana para todos e todasAqui vos deixo o traballo dos Maios. Grazas.

📕MATEMÁTICAS.
O venres pasado en matemáticas tiñamos que facer as páxinas 170-171 e non insertei o vídeo correcto e publiquei os vídeos das multiplicacións en vertical e das páxinas 172-173. Síntoo,  foi un erro enorme.😓😓 Xa o solucionei o venres coa publicación do  ENLACE correspondente.
Perdoade este erro.😔😔
Hoxe publicarei o solucionario das catro páxinas, que son os seguintes:
  • Solucionario das actividades feitas o venres. ENLACE.
  • Facemos as páxinas  do libro.174-177.
  • Ver vídeo explicativo. ENLACE
                                              
📘LENGUA CASTELLANA
  • 🔔Vídeos sobre sujeto y predicado que circulan por internet. ENLACE. ENLACE.
🌍 CIENCIAS SOCIAIS.
  • Comezamos unha nova unidade. UNIDADE 6.
  • Libro. Páxinas: 85-89
  • Vídeo explicativo.ENLACE 
   
🏃 EDUCACIÓN FÍSICA
Hola mis BOCACHANCLAS!
Esta semana me gustaría que hicierais ejercicios de saltos, giros, desplazamientos, lanzamientos y recepciones así como de equilibrio que os ayudarán a ser mejores en juegos y deportes.
Además para esta primera sesión os dejo un vídeo de superheroinas. ¿Podéis seguirlas?
Por cierto, aunque se que tod@s estáis trabajando un montón me gustaría que me mandarais una foto o vídeo de alguna de las actividades que hicimos en este trimestre y así poder subir nota en E.F. Os dejo mi correo para que me las podáis mandar. Recordad que sois much@s BOCACHNCLAS así que debéis poner nombre y la clase a la que pertenecéis.
Un beso grande a tod@s
Juego con pelotas de papel
https://youtu.be/Rz5VTEGqqok
equilibrio
heroines work out


domingo, 10 de maio de 2020

QUE ESTOU A FACER?

💦O MEU EXPERIMENTO COA AUGA🌸.

Esta semana no minixardín da miña casa apareceron unhas flores silvestres de primavera e quixen facer un experimento, que unise o maio e os cambios de estado da auga. Fixarvos o que saíu de aquí...

Nota: empregar un recepente plástico ou metálico, nunca cristal. Ao sacar as flores tedes que ter coidado porque molla bastante.O resultado parece uns pisapapeis de verdade.
Collín flores silvestres, follas...

Metinas con auga no conxelador
Tres horas despois, desmoldei  e....

Mirade que preciosidade.

Puxen un prato para non mollar.
Desconxélanse con rapidez.


 📣📣📣TUNANTES E TUNANTAS:
O venres nas tarefas de matemáticas non insertei o vídeo correcto.Tiñamos que facer as páxinas 170-171 e publiquei os vídeos das multiplicacións en vertical e das páxinas 172-173. Horror!!
Síntoo, foi un erro enorme.😓😓 Xa o solucionei insertando na tarefa do venres o vídeo correspondente. ENLACE.
O luns subirei as solucións das catro páxinas. Perdoade este erro.😔😔 Grazas.

sábado, 9 de maio de 2020

QUE ESTOU A FACER?

💦EXPERIMENTANDO COA AUGA.💧


Nestas fotos de aquí abaixo 👇👇👇 podedes ver que cousas tan orixinais fai a nosa compi con auga, purpurina e arrefriando a auga ou deixándoa a temperatura ambiental.

Podemos comprobar os cambios de estado da auga. Fantástico!!!😻😻





Mañá haberá outra versión deste experimento.



 📣📣📣TUNANTES E TUNANTAS:
Hoxe ao publicar o traballo da nosa compañeira decateime que, onte nas tarefas de matemáticas, non insertara o vídeo correcto.Tiñamos que facer as páxinas 170-171 e publiquei os vídeos das multiplicacións en vertical e das páxinas 172-173. Horror!!
Síntoo, foi un erro enorme.😓😓 
Xa o solucionei subindo o vídeo correspondente na tarefa de onte. ENLACE.
O luns publicarei as solucións das catro páxinas. Perdoade este erro.😔😔 Grazas.



🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈