domingo, 10 de maio de 2020

QUE ESTOU A FACER?

💦O MEU EXPERIMENTO COA AUGA🌸.

Esta semana no minixardín da miña casa apareceron unhas flores silvestres de primavera e quixen facer un experimento, que unise o maio e os cambios de estado da auga. Fixarvos o que saíu de aquí...

Nota: empregar un recepente plástico ou metálico, nunca cristal. Ao sacar as flores tedes que ter coidado porque molla bastante.O resultado parece uns pisapapeis de verdade.
Collín flores silvestres, follas...

Metinas con auga no conxelador
Tres horas despois, desmoldei  e....

Mirade que preciosidade.

Puxen un prato para non mollar.
Desconxélanse con rapidez.


 📣📣📣TUNANTES E TUNANTAS:
O venres nas tarefas de matemáticas non insertei o vídeo correcto.Tiñamos que facer as páxinas 170-171 e publiquei os vídeos das multiplicacións en vertical e das páxinas 172-173. Horror!!
Síntoo, foi un erro enorme.😓😓 Xa o solucionei insertando na tarefa do venres o vídeo correspondente. ENLACE.
O luns subirei as solucións das catro páxinas. Perdoade este erro.😔😔 Grazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que pensas?

🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈