XOVES, 19
Bos días, tunantes e tunantas!Hoxe é día de descanso e mañá tamén, así que non publicarei ningunha actividade escolar para realizar, soamente na sección Que estou a facer?
Déixovos unhas ideas que podedes practicar nestos días ata o luns. Por certo, o luns faremos un repaso trimestral das diferentes áreas, así que podedes repasar o traballo deste trimestre cos libros e cos xogos, que xa publicamos.
💝Actividades posibles:
- Xogos de lapis e papel como os propostos por esta instagramer @iteachandplay
Tutti frutti |
Os ceros |
- E outros como: os barquiños, o aforcado, tres en raia...VER
- Tamén construír algunha manualidade como propón este enlace. CLICA
- E se queredes xogar a un Pasapalabra hai moitos en internet como este de Orientación Andújar. FAI CLIC AQUÍ.
- Manualidades deste libro en pdf . PREME AQUÍ.
- Ou unha manualidade feita cos tubos de papel hixiénico. Animais vertebrados ou invertebrados (unha bolboreta)
E antes de rematar, moitas grazas familias polo apoio destes días. Ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que pensas?