COMO IDES?
Ola! Estes días estades a traballar moi ben. Felicitacións! 💖💖
Ata o venres tedes tempo para rematar as tarefas que vos presentamos o luns (clica) e non vos esquezades de pasar polo blog de música e de inglés.
O luns xa cambiaremos a forma de traballar e mentres esperamos a que todos e todas rematen as tarefas, déixovos aquí unhas actividades (voluntarias) para practicar a redacción e o cálculo.
Tamén atopei unhas manualidades que son moi fáciles de facer e que podedes levar á práctica.
E como sempre, encántame recibir as vosas fotos de Que estou a facer?
Un biquiño
Para facer na libreta, con boa letra e empregando as MAIÚSCULAS!!
Dúas opcións:
⏩ Facer un miniconto con todas estas imaxes e cun debuxo da historia.
Un neno/unha nena-un robot-unha nave espacial-un extraterrestre.
Primeiro debes elixir unha frase para comezar, outra para continuar e unha para rematar.
- Como comezar: Fai moitos anos.....Nun país lonxano.....Había unha vez....
- Como continuar: De repente....De pronto.....Un día...
- Para rematar:Finalmente...Ao final....E colorín, colorado....
⏩Inventar unha criatura fantástica. Escribir as súas característas e despois debuxala. Xa sei que sodes moi creativos e creativas.
- Como se chama:
- Como é (descripción física):
- Como é o seu carácter:
- Onde vive:
- Que lle gusta comer:
- Que lle gusta facer:
- Como se despraza:
- Detesta:
- Curiosidades (se ten poderes máxicos):
🎲MATE.
- Ficha de cálculo. Podedes facela na libreta ou premendo AQUÍ.
- Dictado de números ata o 900.
- Cálculo rápico a través desta actividade interactiva. PREME
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que pensas?