Como xa comentei na primeira entrada desta sección eu tamén compartiría o que estaría a facer. Esta semana estiven traballando co ordenador, limpando e espiando o que facía a miña gatiña.
Na primeira imaxe está intentando cazar unha mosca ou araña na terraza. Ao final, conseguíuno.
E déixovos un vídeo para que vexades como fai deporte co fío da cortina (eu estaba a limpar e ela a enredar practicando boxeo). É terrible!! Xa vos contarei algunha cousa máis desta gatiña deportista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que pensas?