sábado, 21 de marzo de 2020

Que estou a facer?

🐱🐱OBSERVANDO A MIÑA GATIÑA🐱🐱

Como xa comentei na primeira entrada desta sección eu tamén compartiría o que estaría a facer. Esta semana estiven traballando co ordenador, limpando e espiando o que facía a miña gatiña.

  • Na primeira imaxe está intentando cazar unha mosca ou araña na terraza. Ao final, conseguíuno.
  • E déixovos un vídeo para que vexades como fai deporte co fío da cortina (eu estaba a limpar e ela a enredar practicando boxeo). É terrible!! Xa vos contarei algunha cousa máis desta gatiña deportista.
Bicos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que pensas?

🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈