xoves, 30 de abril de 2020

RELIXIÓN.

👼RELIXIÓN.OPCIONAL VALORES. Rapaciños e rapaciñas mañá é festivo e tiñades relixión e valores, que é unha clase semanal. Así que déixovos a sesión semanal que podedes facer conxuntamente os nenos e as nenas de valores, se queredes. Un saúdo.



Xoves 30 de abril

TAREFAS 30 DE ABRIL

Bos días, rapaciños e rapaciñas:

Hoxe é o derradeiro día da semana porque mañá non temos clase, por ser festivo.

O VENRES,  pola tarde, faremos unha pequena videochamada. Será ás 17 horas e intentaremos conectarnos todos e todas xuntiños/as. Que vos parece?

Durante o día de hoxe recibiredes no correo electrónico un cuestionario de reforzo de ciencias sociais; soamente hai que clicar a opción correcta ou escribir unha pequena frase. Seguro que o facedes estupendamente. 

Agora deixovos as actividades do día de hoxe.

 📘LENGUA CASTELLANA
 
 📢📣El lunes haremos el repaso de la unidad 12 de lengua castellana. Si queréis reforzar lo trabajado en esta unidad podéis acceder a este ENLACE (es voluntario).
📕MATEMÁTICAS.
  • Solucionario páxinas anteriores. ENLACE.
  • Matemáticas. Páx 162-165. ENLACE1 ENLACE2
  • Importante: o libro ten algúns erros EXERCICIO1 (PÁXINA 162) , EXERCICIO 3 (PÁXINA 163). O exercico 4 da páxina 165, non é necesario facelo porque aínda non explicamos a multiplicación en vertical.
  • Terminamos a unidade. Podedes reforzar o traballado nesta LIGAZÓN. O luns faremos o repaso da unidade 12. 
  • VER vídeos explicativos aquí. ENLACE


🆎LINGUA
  • Unidade 10.
  • Páxinas.143-145
  • Video explicativo. ENLACE  


🎨PLÁSTICA. Ver o blog de inglés. ENLACE

🌻🌼🍊🍋 OS MAIOS🌻🌼🍊🍋🌻🌼🍊🍋🌻🌼🍊🍋🌻🌼🍊🍋🌻🌼

"ai ven o maio,

de flores cuberto"

Mañá comeza o mes de maio e en Galicia celébrase OS MAIOS, unha festa para exaltar a chegada da primavera, con cantigas e bailes ao redor do maio (unha construcción en forma piramidal ou cono feita con froitos, flores...). Para saber máis preme na LIGAZÓN.
Se queredes celebrar o noso maio virtual podedes facer un debuxo ou unha manualidade con plastilina, papeis.. sobre o maio e logo enviarma ao correo. Logo xuntarei os vosos debuxos e farei unha composición para publicar. Déixovos unhas fermosas imaxes dos maios, que circulan por internet, .por se queredes inspiración. Biquiños.




mércores, 29 de abril de 2020

QUE ESTOU A FACER?

🎨UN FERMOSO BODEGÓN!🎨


O noso compañeiro envíanos un vídeo sobre un debuxo que estivo facendo. Observade con que rapidez debuxa este rapaciño!!
Ah! Tamén comparte connosco os 5 obxectos con formas xeométricas que atopou na súa casa.

Pintando




e aquí está o resultado:
Formas xeométricas:



Mércores, 29 de abril

TAREFA 29 DE ABRIL


Bos días! Que tal vos atopades? Espero que moi ben.
Velaquí tedes a presentación dos libros máis queridos polos tunantiños e tunantiñas. Espero que vos guste. Enlace


As tarefas para o día de hoxe son as seguintes:

🆎LINGUA. Enviar o repaso da unidade.
  • REPASO UNIDADE 9. LIGAZÓN. ENVIAR o repaso da unidade ao correo do blog. Plazo ata o domingo.

🔝 INGLÉS: Acceder ao blog de inglés. ENLACE.

🎲MATEMÁTICAS.


🏃 EDUCACIÓN FÍSICA.
Mensaje de la profe Lucía.

Hola mis Bocachanclas.

Esta semana ya os dejan salir un ratito a la calle pero aún debemos tener cuidado de no tocar las cosas y luego llevarnos las manos a la cara. Yo os dejo unos juegos con la comba que podéis practicar en casa y luego hacerlos más cómodamente en la calle pero antes me gustaría que vierais un vídeo sobre el calentamiento.Para terminar y relajarnos os dejo un vídeo de yoga.

Os recuerdo que debéis de cambiaros la camiseta y lavaros las manos después de hacer ejercicio.

Un beso grande a tod@s
CALENTAMIENTO
COMBA
 YOGA

martes, 28 de abril de 2020

Que estou a facer?

💧O CICLO DA AUGA 💧

Preséntovos o meu proxecto. Gústache?😍😍



Martes, 28 de abril


MARTES 28 DE ABRIL.

 Ola, tuñantiños e tunantiñas:
Aquí vos presento as actividades para o día de hoxe.Pasade un feliz día.
📘LENGUA CASTELLANA
  • Solucionario. ENLACE
  • Libro . Páginas :158-161
  • Vídeo explicativo.  Enlace
  
-        🎵MÚSICA
Actividades propostas no blog de música.ENLACE

🌳CIENCIAS DA NATUREZA
  • Solucionario. ENLACE.
  • Páxinas: 84-87
  • Podedes ver o vídeo explicativo das actividades a realizar. ENLACE
📝📢📣Recordade que mañá realizaremos o repaso da unidade 9 de lingua galega.

luns, 27 de abril de 2020

QUE ESTOU A FACER?

😷HOMENAXE AO PERSOAL SANITARIO.😷

Boa tarde, rapaciños e rapaciñas! Hoxe vos presento unha manualidade realizada por unha compañeira  para agradecer ao persoal sanitario a súa adicación ante a situación do coronavirus. Fixaros ben que está feita con material de reciclaxe. Xenial. M.!!!



Lunes 27 de abril

TAREFAS LUNS 27 DE ABRIL.



Bos días:

Que tal estades rapaciños e rapaciñas? Comezamos outra semana pero diferente a todas as demáis e máis curta , porque non hai clase o venres; pero si a videochamada, que intentaremos estar todos e todas xuntiños e xuntiñas.

Por certo, se queredes podemos compartir na videochamada un mineral que teñades na casa (un anel, un recepente de cobre, un cacho de granito, ferro...), se tedes.

Mañá recollerei todas as imaxes e os vídeos que me enviástedes polo Día do Libro e o mércores publicareinos no blog. Por último, hoxe pola tardiña subirei ao blog unha manualidade feita por unha compañeira en homenaxe ao persoal sanitario, que tanto están axudando.

Tunantiños e tunantiñas, pasade unha boa semana. Mil bicos!

📢📢O mércores faremos o repaso de lingua galega e o luns 4 de maio a ficha de repaso de ciencias sociais. Empezamos.

📕MATEMÁTICAS.
  • Solucionario das actividades feitas o venres. ENLACE.
  • Facemos as páxinas 158-159 do libro.
  • Ver vídeo explicativo. ENLACE


📘LENGUA CASTELLANA
  • Solucionario. Enlace.
  • Hacemos las páginas:156-157
  • Vídeo explicativo: Enlace


🌍 CIENCIAS SOCIAIS.
  • Solucionario. ENLACE
  • Libro, páxinas: 80-84
  • Vídeo explicativo.ENLACE 
   
🏃 EDUCACIÓN FÍSICA
Nota da profe Lucía. 
Hola mis Boca-Chanclas:
    En esta sesión os dejo un vídeo de los Bolos celtas, son los bolos a los que jugaban nuestros abuelos y bisabuelos pero aún hay gente que juega hoy y es superdivertido. Así que es el momento de coger los bolos que hicisteis el otro día y utilizarlos. Y si no los hicisteis, no pasa nada, coged los muñecos que tengáis a mano o rollos de papel higiénico y con calcetines haceros una pelota blandita.
    Además vamos a convertirnos un ratito en superhéroes y entrenar como ellos.
    Por último, llamad a mamá o a papá para que vea este vídeo con vosotros que seguro que os enseñan genial como jugaban ellos.
    Ánimo y un beso a tod@s
    Si queréis mandarme vídeos de como jugáis: profe.lu.ef@gmail.com

    sábado, 25 de abril de 2020

    venres, 24 de abril de 2020

    Venres 24 de abril.

    TAREFA 24 DE ABRIL

    Ola, rapaces e rapazas:

    Hoxe é venres de videochamada. Estades preparados e preparadas? Os números impares conectaranse ás 17h e os pares ás 18h. Que ilusión!!😍😍

    Non vos olvides de traer á reunión algún corpo xeométrico. Eu vouvos a presentar un que ides quedar abraiados e abraiadas!!😯

    Por certo, a profe Elena xa publicou o reto da quincena matemática. Seguro que algunhas imaxes xa as coñecíades. Podedes velo aquí.

    Vémonos á tarde. E agora as actividades do día de hoxe:


    🎲MATEMÁTICAS.
    • Inaguramos nova unidade a número 12. Libro páxinas:154-157
    • Vídeo explicativo: Enlace.

    🆎LINGUA
    • Solucionario. ENLACE   
    • Reforzo voluntario.O mércores faremos un repaso da unidade 9, se queredes ir reforzando o que estivemos traballando nestes días podedes clicar neste ENLACE

    👼RELIXIÓN.Mandar a tarefa
    Ola Familias:
    Espero que esteades todos ben!! Ánimo nestes días!!! Xa queda menos!! Una aperta grande!!
    Mandamos tareas de repaso:
    http://superlibro.tv/ neste enlace, encontraredes videos relacionados coa vida de Xesús.
    Na primerira imaxe; soamente teñen que ordear secuencialmente a historia.
    Nas otras dúas actividades (non fai falla imprimir) o que se pretende é que os menos e nenas fagan unha cruz e nela as imaxes da última semana de Xesús… Podedes imprimilas.
    ENVIAR tarefas a profe de relixión , tedes a dirección no blog anamaquieira@edu.xunta.es







    🌈VALORES. Enviar a tarefa
    Ola! hoxe temos valores, e aquí vos deixo unha curtametraxe de esas que vos gusta tanto!Tedes que estar moi atentos/as para ver o corto e despois contestar a catro preguntas. Esta actividade foi proposta polo profe Alberto.
    ENLACE
    Logo podedes ENVIARME ao correo do blog as respostas e o debuxo.
    Contesta estas preguntas sobre o corto:
    1. Por que o Reno e o Oso non son capaces de cruzar a ponte?
    2. Por que cres que tiran polo aire ao coello e a mofeta?
    3. Que consecuencias lles traen esas actitudes?
    4. Como conseguen cruzar a mofeta e o coello?
    5. Fai un debuxo.

    📌EXPERIENCIAS
    Onte algúns compis quixeron  tamén incluír os seus debuxos na presentación do Ciclo da auga, así que aquí tedes os novos debuxos. 

     

    Para practicar na fin de semana, déixovos esta experiencia realizada polo noso compi sobre un experimento feito con auga. Para ver todo o proceso, desliza a barra para abaixo. Feliz fin de semana.
     
    EXPERIMENTO

    xoves, 23 de abril de 2020

    Día do libro 2020

    📓📓DÍA DO LIBRO.📒📒
    Aproveitando a celebración do Día do Libro tedes aqui un pdf , que si clicades e desprazades a barra  accederedes a moitos contos. Boa lectura, rapaciñas e rapaciños!!!
    enlace

    Xoves, 23 de abril.

    XOVES 23 DE ABRIL

    Bos días, rapaces e rapaciñas:

    Sabedes que día é hoxe? É o Día Internacional do Libro e celébrase para fomentar a lectura a nivel mundial. Increíble. Verdade que vos gusta ler? A min, encántame. Así que vos vou a propoñer que elixades un libro ou conto que teñades na casa, e que vos gustou moito, para que o presentedes a través dunha foto ou vídeo ao resto da clase. Que pensades? Seredes capaces de elixir entre tantos libros o voso libro favorito? Eu teño dúbidas entre dúas novelas. Xa veredes no blog cal elixo. Podedes enviarme as fotos e cando teñamos unha chea delas, publicarémolas.Grazas😍😍

    Se queredes saber máis sobre este día clicar nesta ligazón.

    Por certo, a biblioteca preparou unhas actividades para conmemorar este día, déixovos o enlace.

    E agora un regaliño con todos os debuxos que me fixestes chegar.


     📘LENGUA CASTELLANA

    • Unidad 12. Lectura y páginas: 152-155.
    • Hacemos las páginas:  152-155. Ver vídeo explicativo aquí abajo.ENLACE
    📕MATEMÁTICAS.
    • Solucionario páxinas anteriores. ENLACE.
    • FICHA DE REPASO DA UNIDADE 11.  LIGAZÓN. Unha vez feita esta ficha tedes que ENVIARMA ao correo e podedes realiza durante toda esta semana ata o domingo. Non vos agobiedes. 
    🆎LINGUA
    Solucionario.ENLACE.
    Páxinas.140-142
    Video explicativo. ENLACE  


    🎨PLÁSTICA. Ver o blog de inglés. ENLACE

    mércores, 22 de abril de 2020

    Mércores 22 de abril

    TAREFA 22 DE ABRIL


    Bos días, tunantiños e tunantiñas! Espero que esteades todos e todas moi ben. Un día menos.
    As tarefas para o día de hoxe son:
    🆎LINGUA
    • Solucionario.ENLACE
    • Páxinas do libro: 138-139.
    • Ver vídeo explicativo. ENLACE. 


    🔝 INGLÉS: Acceder ao blog de inglés. ENLACE.

    🎲MATEMÁTICAS.
    • Solucionario. ENLACE1. ENLACE2.
    • Unidade 11. Páxinas:152-153.
    • Vídeo da explicación das tarefas. ENLACE
     

    Mañá realizaremos unha ficha de repaso da unidade 11  de matemáticas.  Todo o que traballamos nesta unidade podedes repasalo nesta ficha de REFORZO ( a ficha de reforzo é voluntaria).
    🏃 EDUCACIÓN FÍSICA.
    Mensaxe profe Lucía.
    Buenos días Boca-chanclas.
    Empezamos la semana moviéndonos un poco y para terminar os dejo un vídeo facilito para la construcción de bolos. Sabéis? en Galicia también hay tradición de jugar a los bolos. En la próxima sesión veremos como se juega así que a ver si conseguís los materiales y os hacéis vuestros propios bolos. 
    Por cierto, os recuerdo que al acabar tenéis que recoger todo como hacemos en el cole y lavar las manos y cambiar la camiseta. 
    Ánimo que ya queda menos para que podamos jugar al aire libre. Cuando pueda salir a la calle voy a estar tres días corriendo sin parar. Y vosotros?
    Os dejo mi correo por si os apetece mandarme las fotos de vuestros bolos o de como hacéis las clases.
    11 Fun Exercise Routines For Kids At Home
    Lless mills.Born to move. 6-7 years
    bolos construcción
    ...

    martes, 21 de abril de 2020

    Que estades a facer?

    😂RETO DA FARIÑA. 3º PARTE.😂

    Outros rapaciños foron nominados para facer o reto. Jeje!!Véxoos moi brancos de cara!!Coidado, o número de enfariñados e enfariñadas segue crecendo!!😆😆

     

     





    Martes, 21 de abril

    TAREFAS 21 DE ABRIL

    Bos días, rapaciños e rapaciñas:

    Que tal estades? Espero que esteades estupendamente.

    Esta semana comezaría a Quincena Matemática no cole e para celebralo o blog da Biblioteca proponnos uns retos moi divertidos que podedes facer no seguinte enlace. Sorte!!

     📘LENGUA CASTELLANA
    • Solucionario.
    • REPASO DE LA UNIDAD 11. Una vez realizada esta ficha hay que ENVIARLA por correo a ostunantes@gmail.com  Si no podéis descargarla, la podéis copiar en una hoja , hacerle una foto y enviármela al correo (preferentemente en formato pdf o jpg).
    Tenéis toda la semana para hacer el repaso de esta unidad,  pero es preferible que la enviéis al terminar ya que seguiremos trabajando las actividades del libro de lengua castellana y así no acumularemos tareas. Gracias.
      
    -        🎵MÚSICA
    Actividades propostas no blog de música.ENLACE
    🌳CIENCIAS DA NATUREZA
    • Solucionario. ENLACE.
    • Páxinas 80-83. 
    • Podedes ver o vídeo explicativo das actividades a realizar. ENLACE


    📌EXPERIMENTANDO. Unha forma de comprobar a utilización da forza a distancia é con unha barra baleira dun boli e uns papeis. Tamén hai xogos moi simpáticos para compartir en familia, por ejemplo a carreira dos vermes.

    luns, 20 de abril de 2020

    Luns, 20 de abril

    TAREFAS LUNS 20 DE ABRIL.

    Bos días tunantes e tunantiñas:

    Comezamos outra semana de curso dixital na que faremos un repaso de lingua castelá e de matemáticas. 

    Por certo, encantoume o noso encontro virtual do venres pasado💗💗💗💗.  Gracias por estar todos e todas aí e grazas tamén as vosas familias por facelo posible. Volveremos a repetilo este venres, se queredes, e nesta ocasión hai que traer unha cousiña á reunión. Ler máis abaixo na investigación.

    Veña que comezamos.!💚 Boa semana para todos e todas!!

    📕MATEMÁTICAS.
    • Solucionario. ENLACE. ENLACE
    • Páxinas 149 -151 do libro.
    • Ver vídeo explicativo. ENLACE.
    🔎INVESTIGACIÓN. Tedes que buscar na casa obxectos que teñan forma de prisma, pirámide, cono, cilindro e esfera. Eu atopei estes obxectos na miña casa. Mirade.👇 O venres na videochamada ensinaremos os 5 obxectos que atopastes na casa durante esta semana. Sinxelo, verdade?
    📘LENGUA CASTELLANA
    Solucionario. ENLACE
    Actividades 148-151.Vídeo explicativo
    👀👀Mañana haremos una ficha de repaso de la unidad 11 de lengua castellana, si queréis podéis echarle un vistacito a una ficha de refuerzo que tenéis en el siguiente enlace. REFORZO. Podéis enviarmela si queréis.
    🌍 CIENCIAS SOCIAIS.
    Solucionario. ENLACE
    Libro, páxinas: 76-79 ENLACE


    Déixovos unha experiencia feita por o noso querido compi Ó. sobre o cambio o estado de líquido, sólido e  gasoso da auga. Estupendo, bravísimo!!👍🙌🙌


    🏃 EDUCACIÓN FÍSICA
    Nota da profe Lucía.
    Hola mis bocachanclas!
    Para esta sesión necesitaremos que consigáis todos los tapones o chapas de botellas que podáis.Para los dos primeros vídeos descubriremos dos juegos a los que jugaban vuestros padres y abuelos. (por cierto en el vídeo de la rayuela o mariquitilla me gustaría que en vez de chocolate al final merendarais una pieza de fruta 😍) Para el último vídeo coger a mamá o a papá y poneros a caminar! Un beso grande.
    Las chapas f1. Enlace




    domingo, 19 de abril de 2020

    Os minerais.

    ATOPO O MEU MINERAL NO LIBRO

    Ola, mociños e mociñas:

    Vouvos contar unha historia. Un rapaciño esta semana estaba a facer as actividades de matemáticas no libro e ....sorpresa!!!😦😦😦 Atopou o seu mineral no libro!!! Unha amatista.!!

    Mirade a foto do rapaciño, o libro e o seu mineral.  Fantástico!!

     


    sábado, 18 de abril de 2020

    O VENTO.

    QUE É O VENTO?
    É O AIRE EN MOVEMENTO!

    O noso compañeiro e amigo tunante envíanos unha foto do verán pasado para que vexamos a acción do vento cando está aprendendo a facer windsurf. O vento é importante para a práctica desde deporte e hai que procurar lugares con ventos constantes e pouco racheados para evitar tiróns na espalda.

    A que é un profesional?💖


    venres, 17 de abril de 2020

    Tarefas venres 17 de abril

    TAREFA 17 DE ABRIL

    Ola, rapaces e rapazas:

    Xa chegamos ao fin de semana. Déixovos as tarefas para o día de hoxe e non vos esquezades  de que  pola tarde temos unha cita virtual. Non faltedes. Biquiños.


    🎲MATEMÁTICAS.

    • Solucionario páxinas anteriores ENLACE 
    • Libro páxinas: 146-148.
    • Tedes no lateral esquerdo do blog as táboas de multiplicar para descargar.

    🆎LINGUA
    • Solucionario. 134
    • Libro. Páxinas 135-137



    🌈VALORES/RELIXIÓN.
    Hoxe imos traballar conxuntamente os nenos e as nenas de valores e relixión porque imos tratar un tema que compartimos todos e todas, que é a amizade. Faremos a seguintes actividades  nun folio, libreta ou papel que teñamos a man, copiaremos as preguntas e as contestaremos.
    Visualiza o vídeo.  Migrattion.

    Contesta as seguintes preguntas:
    1. Que profesión ten o protagonista da curtametraxe?
    2. Onde vive?
    3. Que lle pasaba a gaivota?
    4. Paréceche que realmente son amigos os dous protagonistas da curta? Por que?
    5. Escribe as cousas que compartas ti cos teus amigos ou coas túas amigas?
    6. Fai un debuxo do vídeo.

    📌MANUALIDADES. No fin de semana podedes rematar os debuxos ou manualidades do Ciclo da auga e enviarmas a través do correo electrónico. 
    Aquí tedes un xoguete feito de material reciclado para xogar na casa empregando boliñas de papel ou calcetíns, por se vos animades a ser construtores ou construtoras e sempre coa axuda dunha persoa maior. A foto é da miña amiga De.e chamoulle Lixibol
    Precisamos: recepentes baleiros con asa de suavizantes ou lixivia, tesoiras e pelota.
    Cortar en diagonal e a xogar!

    xoves, 16 de abril de 2020

    Que estou a facer?

    O RETO DA FARIÑA

    Outras dúas rapaciñas tamén foron nominadas e vaia cara enfariñada!!😆😆




    Tarefas xoves 16 de abril

      TAREFAS 16 DE ABRIL

    Ola, rapaciños e rapaciñas!
    Actividades para o día de hoxe.
    📘LENGUA CASTELLANA
    • Corrección de las páginas anteriores.ENLACE.
    • Hacemos las páginas: 144-147. Ver vídeo explicativo aquí abajo.ENLACE

    📕MATEMÁTICAS.

    🆎LINGUA
    Solucionario.ENLACE
    Páxinas.132-134 Enlace



    🎨PLÁSTICA. Ver o blog de inglés. ENLACE
    📌Xogando as accións (os verbos). Xogo de mímica. Hai que conseguir que os demáis adiviñen as accións (os verbos) que ti imitas sen falar e empregando o teu corpo. Por exemplo:pintar, pescar, comer...A persoa que acerte, pasará a facer a súa propia acción para os demáis.
    Variantes: representar animais, prácticas deportivas, emocións, números, letras...

    mércores, 15 de abril de 2020

    Tarefas mércores 15 de abril


    TAREFA 15 DE ABRIL


    Bos días, tunantiños e tunantiñas! Espero que esteades todos e todas moi ben. Un día menos.
    As tarefas para o día de hoxe son:
    🆎LINGUA
    • Unidade 9. Páxinas 129-131.
    • Audio
    • Ver vídeo explicativo:

    🔝 INGLÉS: Acceder ao blog de inglés. ENLACE.

    🎲MATEMÁTICAS.

    • Unidade 11. Páxinas: 140-143.
    • Podedes ver o vídeo da explicación das tarefas.

    Mañá publicarei a solución das actividades que fixemos hoxe.
    🏃 EDUCACIÓN FÍSICA.
    Mensaxe da profe Lucía.

    Hola mis bocachanclas!
    ¿Que tal la semana Santa? Espero que hayáis hecho muchos juegos en casa. Para que no os oxidéis mucho os dejo unos enlaces para que hagáis ejercicio en casa. Del último vídeo me gustaría que probarais a hacer por lo menos tres actividades. Y recordad que después de Educación física siempre nos cambiamos la camiseta y nos lavamos las manos.

    Un abrazo muy grande. Lu

    • Rutina de ejercicios Ingles. ENLACE
    • JUEGOS de EDUCACION FISICA para hacer en casa. ENLACE.



    martes, 14 de abril de 2020

    Que estou a facer?

    📝ESCRIBINDO UN CONTO📝

    Hoxe o noso compañeiro quere compartir con todos nós esta breve historia que escribiu sobre o Covid-19 e que está de actualidade. Ánimos rapaces e rapazas venceremos ao 🐛

    Super Pedro frente o Covid_19.

     


     

     

     

    Tarefa martes 14 de abril

    o 
    Bos días tunantes e tunantiñas:
    Comezamos o derradeiro trimestre do curso desde as nosas casas. Vai a ser diferente pero intentaremos que sexa o máis levadeiro posible. Seguiremos o horario da clase con algunhas pequenas modificacións. Uns breves consellos:
    • Poñer a data no libro.
    • Facer boa letra e empregando as maiúsculas cando sexa necesario.
    • Non é necesario que mandedes unha foto das actividades, pero as tarefas hai que facelas.
    • As solucións dos exercicios serán publicadas ao seguinte día que teñamos esa asignatura.
    Ánimo que xa nos queda menos e sei que sodes uns e unhas valentes. E non vos esquezades que dentro de pouco verémonos virtualmente. Mil biquiños.
    Comezamos:
    📘LENGUA CASTELLANA

    • Lectura página 140-143.
    • Vídeo de la lectura no libro dixital.
    • Actividades de la páginas 140-143. Podéis ayudaros con el vídeo siguiente.

      
    -         🎵MÚSICA
    Pasar polo blog de música.ENLACE
    🌳CIENCIAS DA NATUREZA
    • Páxinas 75-79
    • Podedes ver o vídeo explicativo das actividades a realizar.
    🌍CIENCIAS SOCIAIS.
    Hoxe non teríamos Ciencias SociaIs, sería onte, pero como soamente temos un día a semana e a unidade está relacionada co tema de Ciencias da Naturaleza, pois imos traballar un pouquiño sobre a auga.
    • Unidade 5. Páxinas 71-73
    • Vídeo explicativo das páxinas.👇

    📌EXPERIMENTAR1.Podedes facer este experimento caseiro na casa para ver o estado sólido da auga.

    Materiais: 1 botella plástica de auga sen abrir, xeo, un vaso e un conxelador..
    1. Encher a botella de plástico con auga e poñela no conxelador sobre dúas horas (de 120 a 160 minutos).A auga non pode estar conxelada senón escarchada ou moi fría.
    2. Poñemos un vaso con pedriñas ou cubitos de xeo.
    3. Abrimos a botella e imos vertendo auga sobre o xeo lentamente e no mesmo lugar. Que sucede?
    4. O xeo crece.
    5. Este fenómeno chámase sobrefusión o superenfriamento. Ver o experimento


     📌EXPERIMENTAR2 Que vos parece facer unha manualidade sobre o Ciclo da auga. Déixovos algunhas ideas por se queredes construír a vosa maqueta. Podedes empregar algodón, plastilina, papel...ou facer un debuxo. Se queredes despois fago un mural de todas as fotos que me enviades e súboas ao blog. Gracias! Grazas! Fonte Pinterest

                           


    🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈