xoves, 12 de marzo de 2020

Suspensión das clases.

SUSPENSIÓN DAS CLASES.
Ola, familias!
Hoxe foi un día un pouco especial e cunhas circunstancias excepcionais.
Como xa sabedes polo comunicado  da Xunta de Galicia  mañá, venres 13, non é obrigatorio asistir ás clases e que, a partires do luns 16 de marzo, suspéndese as clases ata 14 días,  segundo as autoridades (Ver enlace na páxina web do cole).
Como non tivemos moito tempo de reacción, hoxe os nenos e as nenas levaron para casa os libros de Matemáticas (que xa estaba rematado), o de Lengua Castellana (que terminaríamos nesta semana) e o de Lingua (fáltanos por rematar o "repaso trimestral"). Nestes días forzosos os alumnos e as alumnas poden rematar estos libros. Tiñamos previsto nas semanas vindeiras repasar os contidos traballados neste 2º trimestre e realizar as probas trimestrais. Agora as mestras de 2º teremos que reunirnos para programar de novo e axustar a programación.
Non vos preocupedes. Neste blog irei subindo materiais para traballar estos 14 días. De todas formas, os vosos fillos e as vosas fillas teñen os libros do 3º trimestre na casa e pídovos que esperades por nós para comezar todos/todas xuntos/as (xa sexa virtualmente ou físicamente).
Calquera noticia que sepa, a comunicarei a través do blog.
E antes de rematar quería mencionarvos que algúns nenos/as deixaron o libro de Lingua na clase, porque estiven revisándoos para porlles a nota, pero mañá xa podedes vir a recollelos, se queredes.
Se queredes comunicarme algo ou ensinarme fotos dos traballos que estean a facer os nenos/as nenas podedes empregar o correo electrónico que aparece no blog  ostunantes@gmail.com
Moitas grazas e moita saúde.

Sali.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que pensas?

🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈