martes, 14 de abril de 2020

Tarefa martes 14 de abril

o 
Bos días tunantes e tunantiñas:
Comezamos o derradeiro trimestre do curso desde as nosas casas. Vai a ser diferente pero intentaremos que sexa o máis levadeiro posible. Seguiremos o horario da clase con algunhas pequenas modificacións. Uns breves consellos:
  • Poñer a data no libro.
  • Facer boa letra e empregando as maiúsculas cando sexa necesario.
  • Non é necesario que mandedes unha foto das actividades, pero as tarefas hai que facelas.
  • As solucións dos exercicios serán publicadas ao seguinte día que teñamos esa asignatura.
Ánimo que xa nos queda menos e sei que sodes uns e unhas valentes. E non vos esquezades que dentro de pouco verémonos virtualmente. Mil biquiños.
Comezamos:
📘LENGUA CASTELLANA

  • Lectura página 140-143.
  • Vídeo de la lectura no libro dixital.
  • Actividades de la páginas 140-143. Podéis ayudaros con el vídeo siguiente.

  
-         🎵MÚSICA
Pasar polo blog de música.ENLACE
🌳CIENCIAS DA NATUREZA
  • Páxinas 75-79
  • Podedes ver o vídeo explicativo das actividades a realizar.
🌍CIENCIAS SOCIAIS.
Hoxe non teríamos Ciencias SociaIs, sería onte, pero como soamente temos un día a semana e a unidade está relacionada co tema de Ciencias da Naturaleza, pois imos traballar un pouquiño sobre a auga.
  • Unidade 5. Páxinas 71-73
  • Vídeo explicativo das páxinas.👇

📌EXPERIMENTAR1.Podedes facer este experimento caseiro na casa para ver o estado sólido da auga.

Materiais: 1 botella plástica de auga sen abrir, xeo, un vaso e un conxelador..
  1. Encher a botella de plástico con auga e poñela no conxelador sobre dúas horas (de 120 a 160 minutos).A auga non pode estar conxelada senón escarchada ou moi fría.
  2. Poñemos un vaso con pedriñas ou cubitos de xeo.
  3. Abrimos a botella e imos vertendo auga sobre o xeo lentamente e no mesmo lugar. Que sucede?
  4. O xeo crece.
  5. Este fenómeno chámase sobrefusión o superenfriamento. Ver o experimento


 📌EXPERIMENTAR2 Que vos parece facer unha manualidade sobre o Ciclo da auga. Déixovos algunhas ideas por se queredes construír a vosa maqueta. Podedes empregar algodón, plastilina, papel...ou facer un debuxo. Se queredes despois fago un mural de todas as fotos que me enviades e súboas ao blog. Gracias! Grazas! Fonte Pinterest

                       


Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que pensas?

🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈