TAREFA 17 DE ABRIL
Ola, rapaces e rapazas:
Xa chegamos ao fin de semana. Déixovos as tarefas para o día de hoxe e non vos esquezades de que pola tarde temos unha cita virtual. Non faltedes. Biquiños.
🎲MATEMÁTICAS.
- Solucionario páxinas anteriores ENLACE
- Libro páxinas: 146-148.
- Tedes no lateral esquerdo do blog as táboas de multiplicar para descargar.
🆎LINGUA
- Solucionario. 134
- Libro. Páxinas 135-137
🌈VALORES/RELIXIÓN.
Hoxe imos traballar conxuntamente os nenos e as nenas de valores e relixión porque imos tratar un tema que compartimos todos e todas, que é a amizade. Faremos a seguintes actividades nun folio, libreta ou papel que teñamos a man, copiaremos as preguntas e as contestaremos.
Visualiza o vídeo. Migrattion.Contesta as seguintes preguntas:
- Que profesión ten o protagonista da curtametraxe?
- Onde vive?
- Que lle pasaba a gaivota?
- Paréceche que realmente son amigos os dous protagonistas da curta? Por que?
- Escribe as cousas que compartas ti cos teus amigos ou coas túas amigas?
- Fai un debuxo do vídeo.
📌MANUALIDADES. No fin de semana podedes rematar os debuxos ou manualidades do Ciclo da auga e enviarmas a través do correo electrónico.
Aquí tedes un xoguete feito de material reciclado para xogar na casa empregando boliñas de papel ou calcetíns, por se vos animades a ser construtores ou construtoras e sempre coa axuda dunha persoa maior. A foto é da miña amiga De.e chamoulle Lixibol
Precisamos: recepentes baleiros con asa de suavizantes ou lixivia, tesoiras e pelota.
Cortar en diagonal e a xogar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que pensas?