Tarefa 3 de abril 2020.
👱👧Queridos tunantiños e tunantiñas:
Xa finalizamos este 2º trimestre que empezou moi ben e que rematou dunha forma inesperada. Verdade?
Eu quería darvos as grazas porque sei que estivestedes traballando moito desde a casa, tanto nas tarefas do cole como axudando no fogar e portándovos xenial.
Moitos aplausos e bicos para vós👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Agora comezan as vacacións da Semana Santa e teredes tempo para descansar, xogar e coller forzas xa que volveremos o martes, 14 de abril.
Durante estes días de vacacións, eu estarei preparando material para o blog, publicando as fotos que me enviedes e disposta a escoitaros por si decidides falar conmigo.
E como podedes comunicarvos conmigo? Pois moi fácil: empregando un medio interpersonal de comunicación que é o correo electrónico (lembrades?).
A continuación explícovos como se fai esta tarefa, aínda que hai algúns nenos e nenas que xa me escribiron pero eu quero saber como estades todos e todas. Para facer esta actividade podedes pedirlle axuda a un familiar da casa. Biquiños e vémonos á volta.
😘Sali.
📝Ciencias sociais. A tarefa de hoxe consiste en escribirme un correo electrónico.- Prazo: desde hoxe ata o 13 de abril.
- A dirección do correo é ostunantes@gmail.com.
- Como estades e que botades de menos.
- Que fixestes nestes días.
- Que vos parece estar de corentena.
- Que facedes para divertirvos.
- Que vos gustaría que fixésemos.
- E todo o que queirades.
E para rematar. Onte día 2 de abril foi o día do Libro Infantil e así que vos deixo aquí un enlace por se queredes pasar un ratiño escoitando estes contos de Kaladraka🔝
👨👩FAMILIAS:
Hoxe ou mañá publicaremos neste blog e no blog grupal de 2º( enlace ) as instruccións para acceder aos libros dixitais da Editorial Santillana e da Editorial Anaya. Recibiredes a través de Abalar ou por correo electrónico a clave de acceso para rexistraros. Voltaremos o 14 de abril, continuaremos cos libros e explicaremos os novos cambios que imos introducir. Un saúdo.
Sali
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que pensas?