venres, 24 de abril de 2020

Venres 24 de abril.

TAREFA 24 DE ABRIL

Ola, rapaces e rapazas:

Hoxe é venres de videochamada. Estades preparados e preparadas? Os números impares conectaranse ás 17h e os pares ás 18h. Que ilusión!!😍😍

Non vos olvides de traer á reunión algún corpo xeométrico. Eu vouvos a presentar un que ides quedar abraiados e abraiadas!!😯

Por certo, a profe Elena xa publicou o reto da quincena matemática. Seguro que algunhas imaxes xa as coñecíades. Podedes velo aquí.

Vémonos á tarde. E agora as actividades do día de hoxe:


🎲MATEMÁTICAS.
  • Inaguramos nova unidade a número 12. Libro páxinas:154-157
  • Vídeo explicativo: Enlace.

🆎LINGUA
  • Solucionario. ENLACE   
  • Reforzo voluntario.O mércores faremos un repaso da unidade 9, se queredes ir reforzando o que estivemos traballando nestes días podedes clicar neste ENLACE

👼RELIXIÓN.Mandar a tarefa
Ola Familias:
Espero que esteades todos ben!! Ánimo nestes días!!! Xa queda menos!! Una aperta grande!!
Mandamos tareas de repaso:
http://superlibro.tv/ neste enlace, encontraredes videos relacionados coa vida de Xesús.
Na primerira imaxe; soamente teñen que ordear secuencialmente a historia.
Nas otras dúas actividades (non fai falla imprimir) o que se pretende é que os menos e nenas fagan unha cruz e nela as imaxes da última semana de Xesús… Podedes imprimilas.
ENVIAR tarefas a profe de relixión , tedes a dirección no blog anamaquieira@edu.xunta.es







🌈VALORES. Enviar a tarefa
Ola! hoxe temos valores, e aquí vos deixo unha curtametraxe de esas que vos gusta tanto!Tedes que estar moi atentos/as para ver o corto e despois contestar a catro preguntas. Esta actividade foi proposta polo profe Alberto.
ENLACE
Logo podedes ENVIARME ao correo do blog as respostas e o debuxo.
Contesta estas preguntas sobre o corto:
1. Por que o Reno e o Oso non son capaces de cruzar a ponte?
2. Por que cres que tiran polo aire ao coello e a mofeta?
3. Que consecuencias lles traen esas actitudes?
4. Como conseguen cruzar a mofeta e o coello?
5. Fai un debuxo.

📌EXPERIENCIAS
Onte algúns compis quixeron  tamén incluír os seus debuxos na presentación do Ciclo da auga, así que aquí tedes os novos debuxos. 

 

Para practicar na fin de semana, déixovos esta experiencia realizada polo noso compi sobre un experimento feito con auga. Para ver todo o proceso, desliza a barra para abaixo. Feliz fin de semana.
 
EXPERIMENTO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que pensas?

🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈