Bos días, rapaces e rapaciñas:
Sabedes que día é hoxe? É o Día Internacional do Libro e celébrase para fomentar a lectura a nivel mundial. Increíble. Verdade que vos gusta ler? A min, encántame. Así que vos vou a propoñer que elixades un libro ou conto que teñades na casa, e que vos gustou moito, para que o presentedes a través dunha foto ou vídeo ao resto da clase. Que pensades? Seredes capaces de elixir entre tantos libros o voso libro favorito? Eu teño dúbidas entre dúas novelas. Xa veredes no blog cal elixo. Podedes enviarme as fotos e cando teñamos unha chea delas, publicarémolas.Grazas😍😍
Se queredes saber máis sobre este día clicar nesta ligazón.
Por certo, a biblioteca preparou unhas actividades para conmemorar este día, déixovos o enlace.
E agora un regaliño con todos os debuxos que me fixestes chegar.
📘LENGUA CASTELLANA
- Unidad 12. Lectura y páginas: 152-155.
- Hacemos las páginas: 152-155. Ver vídeo explicativo aquí abajo.ENLACE
- Solucionario páxinas anteriores. ENLACE.
- FICHA DE REPASO DA UNIDADE 11. LIGAZÓN. Unha vez feita esta ficha tedes que ENVIARMA ao correo e podedes realiza durante toda esta semana ata o domingo. Non vos agobiedes.
Solucionario.ENLACE.
Páxinas.140-142
Video explicativo. ENLACE
🎨PLÁSTICA. Ver o blog de inglés. ENLACE
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que pensas?