TAREFAS 30 DE ABRIL
Bos días, rapaciños e rapaciñas:
Hoxe é o derradeiro día da semana porque mañá non temos clase, por ser festivo.
O VENRES, pola tarde, faremos unha pequena videochamada. Será ás 17 horas e intentaremos conectarnos todos e todas xuntiños/as. Que vos parece?
Durante o día de hoxe recibiredes no correo electrónico un cuestionario de reforzo de ciencias sociais; soamente hai que clicar a opción correcta ou escribir unha pequena frase. Seguro que o facedes estupendamente.
Agora deixovos as actividades do día de hoxe.
📘LENGUA CASTELLANA
📢📣El lunes haremos el repaso de la unidad 12 de lengua castellana. Si queréis reforzar lo trabajado en esta unidad podéis acceder a este ENLACE (es voluntario).
📕MATEMÁTICAS.
📕MATEMÁTICAS.
- Solucionario páxinas anteriores. ENLACE.
- Matemáticas. Páx 162-165. ENLACE1 ENLACE2
- Importante: o libro ten algúns erros EXERCICIO1 (PÁXINA 162) , EXERCICIO 3 (PÁXINA 163). O exercico 4 da páxina 165, non é necesario facelo porque aínda non explicamos a multiplicación en vertical.
- Terminamos a unidade. Podedes reforzar o traballado nesta LIGAZÓN. O luns faremos o repaso da unidade 12.
- VER vídeos explicativos aquí. ENLACE
🆎LINGUA
- Unidade 10.
- Páxinas.143-145
- Video explicativo. ENLACE
🎨PLÁSTICA. Ver o blog de inglés. ENLACE
🌻🌼🍊🍋 OS MAIOS🌻🌼🍊🍋🌻🌼🍊🍋🌻🌼🍊🍋🌻🌼🍊🍋🌻🌼
"ai ven o maio,
de flores cuberto"
Mañá comeza o mes de maio e en Galicia celébrase OS MAIOS, unha festa para exaltar a chegada da primavera, con cantigas e bailes ao redor do maio (unha construcción en forma piramidal ou cono feita con froitos, flores...). Para saber máis preme na LIGAZÓN.
Se queredes celebrar o noso maio virtual podedes facer un debuxo ou unha manualidade con plastilina, papeis.. sobre o maio e logo enviarma ao correo. Logo xuntarei os vosos debuxos e farei unha composición para publicar. Déixovos unhas fermosas imaxes dos maios, que circulan por internet, .por se queredes inspiración. Biquiños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que pensas?