TAREFA 15 DE MAIO.
Ola! Xa estamos a venres...VENRES DE VIDEOCHAMADA.
A videochamada será ás 17:00h, para os nenos e nenas que teñan entre o número 1 ao 12, seguindo a lista da clase, e ás 18:00 horas para os alumnos e as alumnas dos números comprendidos do 13 ao 25.
Non vos esquezades que celebraremos a noso Día das Letras Galegas virtual e hai que asistir, se queredes, coas cores da bandeira de Galicia e cun poema, adiviña, conto..en galego. Eu penso sacar o meu traxe de galega que teño aquí, no armario, para presentarme ante vós.
Continuamos coa semana das Letras Galegas e déixovos un conto de Ricardo Carvahlo Calero. Así mesmo no Blog de Normalizacion do cole expuxéronse varias actividades en honor ao homenaxeado. Na fin de semana publicarei algunhas actividades, xogos... para o festexo do domingo 17.
Por último, hoxe tamén se conmemora o Día da familia e así que, desde aquí , felicito as vosas familias porque nos están axudando a fan posible que seguimos conectados e conectadas vós e eu. Grazas.👏👏👏👏
Déixovos unhas propostas de manualidades para agasallar a vosa familia nesta ligazón, aínda que o máis importante da familia e estar xuntos/as e sans. LIGAZÓN
Bicos. Ata logo!
💭💭RECORDATORIO DOS ENVÍOS DESTA SEMANA📧📧
|
Conto de Carvahlo Calero.
🎲MATEMÁTICAS.
- Nova unidade: 14. Libro páxinas: 180-183.
- Ver vídeo explicativo das páxinas do libro. ENLACE.
🆎LINGUA
LINGUA 160-162 — Watch Video
👼RELIXIÓN. 🌈VALORES. Se queredes enviar foto.📧
Hoxe traballaremos todos xuntos e xuntas.
O
día 15 de Maio é o día da Familia, e que mellor maneira de celebralo
que estar xuntos en casa. Sempre soubemos que a Familia é moi
importante, e estes días na casa realmente vimos que é o MELLOR.
Propoñémosvos unha actividade:
Ver o vídeo "As familias somos diferentes" ENLACE
Imos facer pasta de sal,(Instrucións de como facela):
ENLACE
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que pensas?