venres, 22 de maio de 2020

Venres, 22 de maio.

VENRES, 22 de maio.

Ola! Xa estamos a venres...VENRES DE VIDEOCHAMADA.
A videochamada será ás 17:00h, para os nenos e nenas que teñan entre o número 1 ao 12, seguindo a lista da clase, e ás 18:00 horas para os alumnos e as alumnas dos números comprendidos do 13 ao 25.
Hoxe, se queredes, hai que compartir un invento ou unha máquina que teñades na casa (pode ser feita por vós ou non, antiga ou moderna) Eu xa teño preparada unha máquina manual simple, moi útil.😄
Déixovos as tarefas para o día de hoxe. Vémonos dentro dun ratiño. Bicos.
Ata logo!
💭💭RECORDATORIO DOS ENVÍOS DESTA SEMANA💭💭
* Repaso de lengua castellana. Unidade 13. Enlace.



  🎲MATEMÁTICAS.
  • Solucionario páxinas anteriores.
  • Libro: páxinas 190-193.
  • Ver vídeos explicativos das páxinas do libro. Como o vídeo era moi longo, fixen dous porque a aplicación non me permite vídeos tan longos.😥 . Primeira parte.Segunda parte.

  • Rematamos a unidade 14. O luns faremos o repaso desta unidade.

🆎LINGUA
  • Solucionario. ENLACE   
  • Libro. Páxinas 168-170.
  • Vídeo explicativo. ENLACE
LINGUA 168-170 — Watch Video


  • Rematamos a unidade, o mércores realizaremos o repaso da unidade 11.
👼RELIXIÓN. Se queredes enviar foto.📧 
Proposta da profe Ana Maquieira.
Ola mozos / as!!Que tal estades? Xa nos queda menos …
Como sabedes este mes celébrase o DIA DA FAMILIA, xa fixemos actividades sobre ela,verdade?
E que a Familia é unha bendición.
A Biblia ensínanos que debemos aprender das situacións difíciles. E esta o é, e estanosa ensinar moitas cousas, sobre todo a VALORAR as bendicións, e todo o que temos .E a FAMILIA o é.
Así que , seguimos coñecendo máis sobre as FAMILIAS, sobre a nosa, como podemos colaborar e axudar en todo: na casa, no noso traballo, obedecendo aos nosos pais…
Acordándonos tamén das familias que o están pasando mal!!!
Aquí podedes visualizar un vídeo sobre a familia de Jesús
A familia de Jesús . LIGAZÓN
                                
Esta semana propoñémosvos realizar :
- Unha árbore xenealóxica das vosas familias… E sacarse unha foto familiar!!!
- E unha árbore xenealóxica sobre a familia de Jesús. Para realizalo podemos usar diferentes técnicas!!!
- Estampar as mans con pintura ou recortar as siluetas .

                                                   
- Ou Facer Estampaxes cos rolos de Cartón…(cortamos tiras do rolo de cartón e usámolo para estampar).
O MÁIS IMPORTANTE…
GOZAR DA FAMILIA E GARDAR MOITOS RECORDOS XUNTOS!!!
Un abrazo
Podedes ver esta entrada no PDF.
🌈VALORES. Se queredes enviar a tarefa.📧
Proposta polo profe Alberto
Ola chic@s!!!, qué tal estades? espero que moi ben e agora que podedes sair a pasear, andar en bici, patinete, patíns,… pois seguro que moito mellor. Hoxe toca traballar sobre esta curtametraxe que ten de protagonista a Pip, un futuro can guía. Estade moi atentos ao vídeo para responder logo as seguintes preguntas na libreta ou nunha folla. ENLACE

PREGUNTAS. Podedes facer as actividades na libreta ou descargalas nesta  LIGAZÓN.
- Para que acude o cachorro Pip á universidade canina?
· Resúltalle fácil conseguir ser un can guía?
· Pip esfórzasee pero ó principio non o fai ben, cómo consegue o seu título?
· Os cans guías axudan e son os mellores amigos dos seus donos. Que coidados se deben facer aos animais?


- Fai un debuxo da túa mascota ou do teu animal preferido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que pensas?

🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈