venres, 8 de maio de 2020

Venres, 8 de maio.

 TAREFA 8 DE MAIO.

Ola! Xa estamos a venres...VENRES DE VIDEOCHAMADA. Como sempre será as 17:00h. e non vos esquezades de traer debuxado o voso PICTOVERBO e de seguir as normas das videochamadas, porque agora xa estamos en grupo clase.
Vémonos dentro dunhas horiñas.
Bicos

💭💭RECORDATORIO DOS ENVÍOS DESTA SEMANA📧📧
  • Lengua Castelá. LIGAZÓN
  • Matemáticas. .LIGAZÓN
  • Ciencias Sociais.ENLACE  
  • Valores e relixión.
  • Optativo. Os maios. 
  • Cuestionario de reforzo de Ciencias da natureza.

🎲MATEMÁTICAS.
  • Solucionario.ENLACE1. ENLACE2
  • Libro . Páxinas: 170-171. Ver vídeo.
  • Como imos a iniciarnos na multiplación en vertical, fixen 2 vídeos.
  • Vídeo multiplicación en vertical. LIGAZÓN
  • Vídeo explicativo das actividades do libro. LIGAZÓN.
🔔Para saber máis sobre a multiplicación en vertical, preséntovos estes vídeos que circulan por interntet. VÍDEOS. VÍDEO2

🆎LINGUA
  • Solucionario. ENLACE   
  • Libro. Páxinas 150-153. Rematamos a unidade.
  • Vídeo explicativo. ENLACE.



  • O próximo martes faremos o repaso da unidade 10.

👼RELIXIÓN.Mandar a tarefa📧

 

Visionado do vídeo "El hormiguero". https://www.youtube.com/watch?v=eaqPrqHLllY
Traballamos a importancia de dicir sempre a verdade (dura 8 minutos e 15 segundos)

Seguimos afianzando a unidade familiar, como as formigas se apoian e se ayudan, na casa hai que colaborar.

Preguntas sobre o video: Podedes copiar as preguntas nunha libreta o descargar as preguntas nesta LIGAZÓN.

1º Parécevos importante dicir sempre a verdade?

2ºPensades que mentir pode traer problemas nalgunhas ocasións?

3ºQue opinades do traballo en equipo?

4ºPensade nalgunha vez na que mentiches. Como te sentiches?

5º Facer unha lista cos animais que saen neste vídeo e poñer unha característica de cada un.
ANIMAIS
CARACTERÍSTICAS





















🌈VALORES.Enviar tarefa.📧

Ola nenos e nenas hoxe toca valores, aquí tedes unha curtametraxe moi divertida sobre a amizade. Conta a historia de dous polbos que son amigos e son separados cando un deles é elexido por un restaurante. Isto levará a facer unha viaxe emocionante para rescatar ao seu amigo.
PREGUNTAS: (Podes copiar as preguntas nunha libreta ou descargar o pdf da actividade nesta LIGAZÓN)

1.- Conta unha aventura cun amigo ou amiga:
2.- Fai un debuxo dunha amiga ou amigo:
3.- Que animal está agochado nesta imaxe? (Ver LIGAZÓN)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que pensas?

🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈