mércores, 10 de xuño de 2020

Miércoles 10

Bos días, rapaces e rapaciñas:
A partires de hoxe ya se remataron os repasos; aqueles nenos e nenas que teñades tarefas para entregar xa sabedes que tedes ata mañá como derradeiro día.
Este venres, 12 de xuño, ás 17:00h,  faremos a nosa derradeira Videochamada todos e todas xuntos/as. Como é un día especial de despedida podedes vir disfrazados o cun complemento especial que vos guste (é voluntario). Podedes presentar:
  • Unha manualidade feita por vós (hai algunhas nas derradeiras páxinas do libro de Ciencias e de Sociais).
  • A vosa colección de...
  • O voso xoguete favorito.
  • Escribir ou debuxar o que máis vos gustou do curso e o que menos...
  • Un poema, un trabalingua, adiviña, experimento, xogo, baile, habilidade...o que queirades compartir e que se poida ver por todos/todas.
Iso será para o venres pero hoxe faremos varias cousas. Comezamos:

📘LENGUA CASTELLANA.
Solucionario.

🌳CIENCIAS DA NATUREZA.
  • Derradeiras páxinas do libro.Páxinas 108-117
  • Vídeo explicativo.Abaixo.
  • Mañá publicarei o solucionario. LIGAZÓN




🌎CIENCIAS SOCIAIS.
Imos facer un cuestionario en liña sobre os planetas, moi diverdido.  Clicades neste enlace, escribides o voso nome real ou imaxinario e xogades. Son 13 preguntas. Non tedes que rexistrarvos (omitir). Podedes axudarvos do libro de Ciencias Sociais para facelo. (Páxinas: 102-105). Boa sorte.
LIGAZÓN. quizizz.com/join?gc=8338186

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que pensas?

🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈