Hoxe
é o noso derradeiro día de clase. Durante estes dous anos compartimos
coñecementos, experiencias, momentos de alegría, risas e tamén algunhas
tristezas...pero sempre aprendimos algo importante: compartir.
Este final de curso é moi diferente ao que esperábamos pero ensinounos que a distancia non pode con nós e que seguimos conectados/as.
Agora
comeza para vós unha nova etapa e deséxovos moita sorte e forza en 3º.
Xa sabedes que aquí estou, por se algún día queredes falar conmigo.
Moitos biquiños a todos e a todas. Ata sempre!💓💓💖
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que pensas?