venres, 5 de xuño de 2020

Venres, 5 de xuño.



Bos días, rapaciños e rapaciñas!
Hoxe, 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente e así que comezamos cunha árbore para celebrar este día e tamén un vídeo,  que fixen fai anos para esta onomástica. Ligazón.
Como é venres xa sabedes que hoxe teremos videochamada, a penúltima do curso ,e non fai falta que traiades nada porque traballaremos o seguro, o posible e o imposible. Je,je...xa veredes😆
  • Quenda da mañán: 12:00 h.
  • Quenda da tarde:17:00 h.
Finalmente, preséntovos as tarefas do día de hoxe,na  que realizaremos o repaso de lingua galega e o recordario das actividades a enviar ao correo do blog.  Un biquiño grandote e vémonos dentro dun ratiño. Bicos.

💭💭           RECORDATORIO DAS ACTIVIDADES A ENVIAR.    📧                                  
Tedes ata o domingo 7 de xuño para entregar as tarefas. Grazas.
 🎲MATEMÁTICAS.

🆎LINGUA
  • Solucionario. LIGAZÓN.
  • Repaso da unidade 12. LIGAZÓN. ENVIAR ao correo do blog.
👼RELIXIÓN. Se queredes enviar foto.📧 
Derradeira tarefa.
Ola, Que tal? Xa  estamos en xuño!!!! Si,si… estamos en xuño!!! Xa non queda nada para o verán Pero antes , e como todos os anos… esta semana celébrase o Día mundial do  medioambiambiente!!! que ten como lema: “Conectar á xente coa natureza na cidade e no campo desde os Polos ao #Ecuador”
Que día é? Quen o sabe?? (Pista: Vede o debuxo un pouco máis arriba)
Estes días estivemos a traballar sobre a FAMILIA e a  AMIZADE…Grandes Bendicións que Deus  dános!!! Pero, sabedes? Deus regálanos tamén o planeta!!! E debemos coidalo!!! Ao principio da BIBLIA, no primeiro libro, Xénese 1…Deus regálanos a natureza ,pon ao home no medio dela e dálle un mandato:
COIDAR DA CREACIÓN!!!
Así que unha das nosas MISIÓNS é coidar a  Natureza… e como o podemos facer???
Acordádesvos das 3 R???
Actividades para esta semana (son propostas e podedes realizar a que queirades) Podedes descargar o pdf das actividades AQUÍ.
🌈VALORES.
Proposta polo profe Alberto
Ola chic@s!!!, para esta semana propoño facer un xogo de valores. Tedes que facer un comecocos de papel, podedes imprimir directamente a foto que se adxunta, ou simplemente cun folio en branco seguir os pasos de este tutorial e logo pintalo como o da foto da páxina seguinte.LIGAZÓN.
Para descargar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que pensas?

🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈