domingo, 22 de marzo de 2020

Que estou a facer?

🐶🐶UN CANCIÑO DE PAPEL🐶🐶

Ola! Como ides? Estades a facer moitas cousas? Pois aquí temos a nosa compi que nos ensina a súa manualidade.É precioso, verdade? 💗
Vos animades a facer outro animaliño? Xa temos unhas gaivotas, un canciño, a miña gata que anda por aquí...


Un biquiño, tunantiños e tunantiñas.



sábado, 21 de marzo de 2020

ATENCIÓN PARA A SEMANA.

AVISO IMPORTANTE.
Esta semana estivemos repasando e reforzando os contidos traballados no 2º trimestre.
  • O luns, 23 de marzo subiremos  cinco pdf que tiñamos pensado realizar durante a semana do 21-28 de marzo no cole.
  • Os nenos e as nenas poderán facelos durante o luns e o martes.
  • NON SON AVALIABLES pero sérvenos para afianzar o traballado durante este segundo trimestre. 
  • Logo, se queredes, podedes enviar unha foto ou pdf ao correo ostunantes@blogspot.com
  • O mércores, seguiremos traballando.
2º.

Que estou a facer?

🐱🐱OBSERVANDO A MIÑA GATIÑA🐱🐱

Como xa comentei na primeira entrada desta sección eu tamén compartiría o que estaría a facer. Esta semana estiven traballando co ordenador, limpando e espiando o que facía a miña gatiña.

  • Na primeira imaxe está intentando cazar unha mosca ou araña na terraza. Ao final, conseguíuno.
  • E déixovos un vídeo para que vexades como fai deporte co fío da cortina (eu estaba a limpar e ela a enredar practicando boxeo). É terrible!! Xa vos contarei algunha cousa máis desta gatiña deportista.
Bicos.


venres, 20 de marzo de 2020

Que estou a facer?

🧩🧩FACENDO UN CREBACABEZAS🧩🧩

Mira que é unha boa idea facer un crebacabezas, comezas polo marco, logo continúas polo interior buscando as pezas... ata completalo. Así o fixo o noso compañeiro cun crebacabezas de 500 pezas!!. Fantástico! 
Trátase dun cadro de Van Gogh (por se queredes saber máis  deste pintor clica aquí).

                           




Que estou a facer?

🐦🐦UN AVIARIO DE GAIVOTAS🐦🐦

Mirade que fantástico aviario de gaivotas fixo un compañeiro de clase. As gaivotas están moi ben logradas e o aviario  ten nove vértices!!😀
Este rapaciño é moi inxenioso. Viva!!!


xoves, 19 de marzo de 2020

Que estou a facer?

👫👫Limpando o salón👫👫

Xa levamos uns días en casa e por iso é moi importante manter a orde e a limpeza. Aquí temos unha imaxe de dous irmáns que están a axudar para que todo estea perfecto. Pero que é o que vexo?👀👀😳 Un  aspirapelos!!! Non, é un faicoletas!!!😂


Descansando.


XOVES, 19
Bos días, tunantes e tunantas!
Hoxe é día de descanso e mañá tamén,  así que non publicarei ningunha actividade escolar para realizar,  soamente na sección Que estou a facer?
Déixovos unhas ideas que podedes practicar nestos días ata o luns. Por certo, o luns faremos un repaso trimestral das diferentes áreas, así que podedes repasar o traballo deste trimestre cos libros e cos xogos,  que xa publicamos.

💝Actividades posibles:
  •  Xogos de lapis e papel como os propostos por esta instagramer @iteachandplay

Tutti frutti
Os ceros



  • E outros como: os barquiños, o aforcado, tres en raia...VER 
  • Tamén construír algunha manualidade como propón este enlace. CLICA 
  • E se queredes xogar a un Pasapalabra hai moitos en internet como este de Orientación Andújar. FAI CLIC AQUÍ.
  • Manualidades deste libro en pdf . PREME AQUÍ.
  • Ou unha manualidade feita cos tubos de papel hixiénico. Animais vertebrados ou invertebrados (unha bolboreta) 

E antes de rematar, moitas grazas familias polo apoio destes días. Ánimo!



🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈