Bos días, tunantes e tunantiñas.
Que tal estades?
Comezamos esta semana con varios cambios, xa que rematamos case todos os libros e as tarefas que faremos, desde o mércores 10 ata o día 18 de xuño, serán actividades sen envíos e máis lúdicas como xogos, cuestionarios en liña, vídeos.O horario das áreas tamén cambiará.
Hoxe remataremos o libro de lingua e faremos o derradeiro repaso de lengua (mañán remataremos co repaso de ciencias da natureza).
📌📌Por favor, se tedes tarefas pendentes envialas antes do xoves 11 de xuño.
E o máis importante do día é que hoxe poderemos vernos persoalmente no cole. Viva!!!!👏👏👯👯
Hoxe, 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente e así que comezamos cunha árbore para celebrar este día e tamén un vídeo, que fixen fai anos para esta onomástica. Ligazón.
Como é venres xa sabedes que hoxe teremos videochamada, a penúltima do curso ,e non fai falta que traiades nada porque traballaremos o seguro, o posible e o imposible. Je,je...xa veredes😆
Quenda da mañán: 12:00 h.
Quenda da tarde:17:00 h.
Finalmente, preséntovos as tarefas do día de hoxe,na que realizaremos o repaso de lingua galega e o recordario das actividades a enviar ao correo do blog. Un biquiño grandote e vémonos dentro dun ratiño. Bicos.
Repaso da unidade 12. LIGAZÓN. ENVIAR ao correo do blog.
👼RELIXIÓN. Se queredes enviar foto.📧
Derradeira tarefa.
Ola, Que tal? Xa estamos en xuño!!!! Si,si… estamos en xuño!!! Xa non
queda nada para o verán Pero antes , e como todos os anos… esta semana
celébrase o Día mundial do medioambiambiente!!! que ten como lema:
“Conectar á xente coa natureza na cidade e no campo desde os Polos ao
#Ecuador”
Que día é? Quen o sabe?? (Pista: Vede o debuxo un pouco máis arriba)
Estes
días estivemos a traballar sobre a FAMILIA e a AMIZADE…Grandes
Bendicións que Deus dános!!! Pero, sabedes? Deus regálanos tamén o
planeta!!! E debemos coidalo!!! Ao principio da BIBLIA, no primeiro
libro, Xénese 1…Deus regálanos a natureza ,pon ao home no medio dela e
dálle un mandato:
COIDAR DA CREACIÓN!!!
Así que unha das nosas MISIÓNS é coidar a Natureza… e como o podemos facer???
Acordádesvos das 3 R???
Actividades para esta semana (son propostas e podedes realizar a que queirades) Podedes descargar o pdf das actividades AQUÍ.
🌈VALORES.
Proposta polo profe Alberto
Ola chic@s!!!, para esta semana propoño facer un xogo de valores. Tedes
que facer un comecocos de papel, podedes imprimir directamente a foto
que se adxunta, ou simplemente cun folio en branco seguir os pasos de
este tutorial e logo pintalo como o da foto da páxina seguinte.LIGAZÓN.
Para descargar.
Boas tardes! Agora que xa falta pouquiño e vai calor podemos aproveitar as tardes para recoller flores e facer coroas, colares, pulseiras...como fixeron as nosas dúas compis. Que fotos máis bonitas!!👭👭
Bos días!
Hoxe rematamos o libro de matemáticas e faremos o derradeiro repaso de lingua galega. Xa queda pouquiño. Ánimo e disfrutade do día. Biquiños.
Hoxe faremos o último repaso de matemáticas de 2º e teredes ata o domingo 7 de xuño para enviar o repaso feito ao correo do blog. Antes de pasar as actividades propostas do día ,mirade que traballiños tan orixinais fixeron os/as nosos/as compis. Ligazón
🆎LINGUA.
Solucionario das actividades feitas o venres.ENLACE.
Para hoy nuestro reto será conseguir que alguien en
vuestra familia juegue con vosotros porque os propongo el juego de
Asterix de educación física. Recordad que cumplir las normas y el juego
limpio hace que nos lo pasemos mejor durante los Juegos.
Un abrazo enorme mis chic@s.
Bos días, tunantes e tunantiñas:
Xa estamos a martes e aquí vos presento as actividades para hoxe e tamén déixovos o traballo dos nosos nomes en forma de acrósticos; son preciosos. Grazas.Ligazón.
Bos días, mociños e mociñás! Envíovos un whatsapp virtual.😀
Durante esta semana faremos o repaso de sociais e matemáticas e case rematamos os libros. Tamén quería comentarvos que o venres pasado, na videochamada, quedei moi sorprendida e moi contenta cos arcos da vella que fixéstedes: sodes moi orixinais!!!. Bravísimo.👌😍😍
📕MATEMÁTICAS-.
Solucionario das actividades feitas o venres. ENLACE.
Solucionario das actividades da semana pasada. ENLACE.
Repaso da unidade 6, LIGAZÓN. Enviar ao correo do blog.
🏃 EDUCACIÓN FÍSICA
HOLA MIS BOCACHANCl@S.
Que tal estáis? Para hoy os dejo el vídeo de una
compañera que os convertirá en piratas para pasar un buen rato. Recordad
pedirle a mamá/papá o a un familiar que os abra una ventana porque estos días hace muchísimo
calor. Además debéis tener a mano una botella de
agua para pode beber y al final de la clase lavaros las manos y la
cara. Un beso muy grande para tod@s. Profe Lucía.