venres, 19 de xuño de 2020

VENRES, 19 DE XUÑO.

Bos días, tunantiños e tunantiñas:

Hoxe é o noso derradeiro día de clase. Durante estes dous anos compartimos coñecementos, experiencias, momentos de alegría, risas  e tamén algunhas tristezas...pero sempre aprendimos algo importante: compartir.
Este final de curso é moi diferente ao que esperábamos pero ensinounos que a distancia non pode con nós e que seguimos conectados/as.
Agora comeza para vós unha nova etapa e deséxovos moita sorte e forza en 3º. 
Xa sabedes que aquí estou, por se algún día queredes  falar conmigo.
Moitos biquiños a todos e a todas. Ata sempre!💓💓💖
A profe Sali.

 





xoves, 18 de xuño de 2020

Xoves, 17 de xuño.

Bos días, rapaces e rapazas:

Derradeiro día de clase, mañá xa seredes licenciados ou licenciadas en 2º. 

E estou  feliz porque onte conseguimos unirnos na nosa orla virtual e xa somos 23. Grazas (o venres haberá unha 2º parte). 😍😍

Agora preséntovos as actividades para o día de hoxe. 

Non vos esquezades de pasar polo blog de música e inglés.

Un bico e disfrutade do día.

📘LENGUA CASTELLANA.
Repaso de lo trabajado durante el curso. ENLACE.
📏📐MATEMÁTICAS.
Táboas de multiplicar.
https://quizizz.com/join?gc=5122355

mércores, 17 de xuño de 2020

Mércores, 17 de xuño.

Bos días:
Pois aquí está a nosa foto virtual!! Quedou preciosíiiiiisima!! Non están todos/as pero...estamos!! Agora teredes que adiviñar quen é cada un ou unha. Algúns nenos e nenas son fáciles de adiviñar , verdade que si? Están moi ben caracterizados. GRAZAS, FAMILIAS!!

O venres, publicarei a segunda parte da foto. Estades guapísimos e guapísimas!
A continuación expóñovos o que faremos no día de hoxe.
Gozade deste estupendo mércores de xuño. Biquiños.

📘LENGUA CASTELLANA.
Juego para demostrar tu buena ortografía de las palabras. LIGAZÓN.

🐖🐕CIENCIAS DA NATURALEZA.
Repasando o mundo dos animais. LIGAZÓN

📕MATEMÁTICAS.
Suma, resta, multiplica cos números perdidos. LIGAZÓN.
https://vedoque.com/juegos/matematicas/numeros-perdidos/

martes, 16 de xuño de 2020

Martes, 16 de xuño.

Bos días rapaciños e rapaciñas:
Hoxe repasaremos as multiplicacións e escribiremos palabras difíciles en lingua castelá. Tamén déixovos un xogo para saber un pouquiño máis sobre a Terra e a Lúa.
Disfrutade do día. Biquiños.
📢📢 Mañá publicarei a nosa foto virtual. Hai nenos e nenas que aínda non fixeron o seu avatar. Por favor, non vos esquezades. Mis grazas.

📕MATEMÁTICAS.
Practiquemos un pouquiño as multiplicacións. LIGAZÓN.
📘LENGUA CASTELLANA.
Deletreamos las sílabas trabadas. ENLACE 
Este xogo funciona mellor no buscadores de Chrome ou Firefox.
https://www.flippity.net/sw.asp?k=1W7nmsXyHNdt-NfihyREnqQkjxI5uX7o0qJJCiakl0wo
🌄CIENCIAS SOCIAIS.
Un xogo para coñecer un pouco máis a Terra e a Lúa. Podedes axudarvos co libro de Sociais (páxinas 104-107). Fai clic para xogar.
https://quizizz.com/join?gc=5967107

luns, 15 de xuño de 2020

Luns, 15 de xuño.


Bos días, rapaciñas e rapaciños!
Comezamos a derradeira semana do curso e téñovos preparada algunha sorpresiña, je, je.Estiven vendo a nosa foto virtual e está quedando preciosa, pero aínda faltan algúns tunantes e tunantiñas por realizar o seu avatar (lembrar que o mércores publicarei a foto😍).Xa somos 13!
Hoxe faremos un xogo de comprensión lectora en lingua galega, lengua castellana e un pouco de mate. Imos! Bo luns!
📒LINGUA GALEGA.
Un pouquiño de comprensión lectora. LIGAZÓN.

📘LENGUA CASTELLANA.
El monstruo come sílabas. Es un juego para que penséis en las sílabas cuando escribáis. ENLACE.

📐MATEMÁTICAS.
Para practicar o cálculo e o razoamento.LIGAZÓN.

venres, 12 de xuño de 2020

Venres, 12 de xuño.


Bos días:
Hoxe ás17:00 horas teremos a nosa derradeira videochamada. Lembrar que podedes asistir disfrazados ou cun complemento e compartir o voso xoguete favorito, unha adiviña, a vosa colección de cromos,os vosos libros favoritos, uns debuxos , un poema, un baile...algo significativo para vós e que queirades que o vexamos.
Eu estou buscando un complemento e a miña boneca favorita.👽
📌📌Durante o día de hoxe enviareivos un enlace para que fagades o voso propio AVATAR para unha foto fin de curso virtual. É unha actividade moi curiosa e xa veredes que bonita vai quedar.
Agora imos coas actividades que podemos facer hoxe. Feliz fin de semana.!!! Vémonos as 17h. Biquiños

🔝 INGLÉS: Acceder ao blog de inglés. ENLACE.

📕📙LINGUAS.
Elixe a palabra ben escrita. ORTOGRAFÍA. LIGAZÓN

💎TODAS AS ÁREAS.
Trivial.
Neste xogo tedes que tirar o dado e contestar as preguntas que vos fan de diferentes temas. Cada acerto sumará un quesiño (un triángulo) do Trivial. Cando teñades completo a voso porta quesiños, xogaredes as bandeiras finais. Sorte.  ENLACE

xoves, 11 de xuño de 2020

Xoves 12 de xuño




Bos días, tunantes e tunantiñas:
Que tal estades?
Hoxe coñeceremos algúns pequenos trucos para aprenderse as táboas de multiplicar e tamén faremos un xogo de comprensión lectora. Bo día!

🌳CIENCIAS DA NATUREZA.
📕📙LINGUAS:
  • Comprensión lectora. ENLACE.

  📕MATEMÁTICAS.
  • Cálculo mental sinxelo. Enlace Preme na imaxe e elixe a solución correcta.
https://www.actividadesdeinfantilyprimaria.com/2020/06/06/actividad-interactiva-calculo-mental-de-sencillas-restas/

  • Trucos para saberse algunhas táboas de multiplicar. LIGAZÓN 1
Outros trucos. LIGAZÓN.


🎨PLÁSTICA. Ver o blog de inglés. ENLACE

🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈