domingo, 20 de setembro de 2020

Ola mociños e mociñas!:

Benvidas e benvidos ao curso de 1º do CEP DOUTOR FLEMING.

Este curso pararémolo moi ben aprendendo e xogando.

Queres participar?😍

xoves, 3 de setembro de 2020

NOVO CURSO.

 Xa está todo preparado para recibir aos peques e as pequenas de 1ºB. Que nervios!



venres, 19 de xuño de 2020

VENRES, 19 DE XUÑO.

Bos días, tunantiños e tunantiñas:

Hoxe é o noso derradeiro día de clase. Durante estes dous anos compartimos coñecementos, experiencias, momentos de alegría, risas  e tamén algunhas tristezas...pero sempre aprendimos algo importante: compartir.
Este final de curso é moi diferente ao que esperábamos pero ensinounos que a distancia non pode con nós e que seguimos conectados/as.
Agora comeza para vós unha nova etapa e deséxovos moita sorte e forza en 3º. 
Xa sabedes que aquí estou, por se algún día queredes  falar conmigo.
Moitos biquiños a todos e a todas. Ata sempre!💓💓💖
A profe Sali.

 





xoves, 18 de xuño de 2020

Xoves, 17 de xuño.

Bos días, rapaces e rapazas:

Derradeiro día de clase, mañá xa seredes licenciados ou licenciadas en 2º. 

E estou  feliz porque onte conseguimos unirnos na nosa orla virtual e xa somos 23. Grazas (o venres haberá unha 2º parte). 😍😍

Agora preséntovos as actividades para o día de hoxe. 

Non vos esquezades de pasar polo blog de música e inglés.

Un bico e disfrutade do día.

📘LENGUA CASTELLANA.
Repaso de lo trabajado durante el curso. ENLACE.
📏📐MATEMÁTICAS.
Táboas de multiplicar.
https://quizizz.com/join?gc=5122355

mércores, 17 de xuño de 2020

Mércores, 17 de xuño.

Bos días:
Pois aquí está a nosa foto virtual!! Quedou preciosíiiiiisima!! Non están todos/as pero...estamos!! Agora teredes que adiviñar quen é cada un ou unha. Algúns nenos e nenas son fáciles de adiviñar , verdade que si? Están moi ben caracterizados. GRAZAS, FAMILIAS!!

O venres, publicarei a segunda parte da foto. Estades guapísimos e guapísimas!
A continuación expóñovos o que faremos no día de hoxe.
Gozade deste estupendo mércores de xuño. Biquiños.

📘LENGUA CASTELLANA.
Juego para demostrar tu buena ortografía de las palabras. LIGAZÓN.

🐖🐕CIENCIAS DA NATURALEZA.
Repasando o mundo dos animais. LIGAZÓN

📕MATEMÁTICAS.
Suma, resta, multiplica cos números perdidos. LIGAZÓN.
https://vedoque.com/juegos/matematicas/numeros-perdidos/

martes, 16 de xuño de 2020

Martes, 16 de xuño.

Bos días rapaciños e rapaciñas:
Hoxe repasaremos as multiplicacións e escribiremos palabras difíciles en lingua castelá. Tamén déixovos un xogo para saber un pouquiño máis sobre a Terra e a Lúa.
Disfrutade do día. Biquiños.
📢📢 Mañá publicarei a nosa foto virtual. Hai nenos e nenas que aínda non fixeron o seu avatar. Por favor, non vos esquezades. Mis grazas.

📕MATEMÁTICAS.
Practiquemos un pouquiño as multiplicacións. LIGAZÓN.
📘LENGUA CASTELLANA.
Deletreamos las sílabas trabadas. ENLACE 
Este xogo funciona mellor no buscadores de Chrome ou Firefox.
https://www.flippity.net/sw.asp?k=1W7nmsXyHNdt-NfihyREnqQkjxI5uX7o0qJJCiakl0wo
🌄CIENCIAS SOCIAIS.
Un xogo para coñecer un pouco máis a Terra e a Lúa. Podedes axudarvos co libro de Sociais (páxinas 104-107). Fai clic para xogar.
https://quizizz.com/join?gc=5967107

🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈