Amosando publicacións coa etiqueta Avisos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Avisos. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de abril de 2020

ACCESO AO LIBRO DIXITAL DA EDITORIAL SANTILLANA

 LIBROS DIXITAIS

PARA QUE?

Para poder acceder aos libros de Lingua, Ciencias Socias e Ciencias da Naturaleza. 

CÓMO ACCEDER?

Empregando o pdf que recibistedes no voso correo cun número de "USUARIO" e cunha "CONTRASEÑA" persoal.

Pasos:

1º Entrar a través da dirección web que aparece na parte de abaixo do pdf (Número1) aulavirtual.santillana.es/av3online/login

Tamén tedes a opción de descargar a aplicación https://digital.santillana.es/

2º Introducir o número de usuario (licencia) e contraseña (Número 2)

A imaxe é de exemplo, non ten nin usuario nin contrasinal.

3º Elexir idioma, aceptar as condicións e entrar.

luns, 30 de marzo de 2020

Familias de 2ºB

Prezadas familias de 2°:


Hoxe tiñamos pensado iniciar o 3° trimestre pero debido a que hai alumnos/as que teñen algúns  libros no cole, que precisamos activar as licencias dos libros dixitais e seguindo as ordes da Consellería de Educación, as titoras de 2° decidimos iniciar o 3° trimestre á volta da Semana Santa.
Durante esta semana seguiremos afianzando aspectos como as unidades de medida, ortografía, cálculo,  comprensión.. que son capacidades básicas para o alumnado.
Á volta das vacacións continuaremos progresando no currículo de 2° e intentaremos incorporar aqueles alumnos e alumnas que aínda non temos noticias de eles/as.
📣📣Importante:  por favor, que todas as familias teñan instalada a aplicación  Abalar no seu móbil para recibir as cualificacións do 2° trimestre.

Moitas grazas pola vosa comprensión.
As titoras 2º 

mércores, 25 de marzo de 2020

💓💓ÁNIMO 2ºB💓💓

O profesorado do CEP Fleming envíavos unha mensaxe de ánimo. Clica na imaxe e verás.

https://drive.google.com/file/d/1zHcG9ZyoQEnAScY189ZICVCONUZPRq_u/view

sábado, 21 de marzo de 2020

ATENCIÓN PARA A SEMANA.

AVISO IMPORTANTE.
Esta semana estivemos repasando e reforzando os contidos traballados no 2º trimestre.
  • O luns, 23 de marzo subiremos  cinco pdf que tiñamos pensado realizar durante a semana do 21-28 de marzo no cole.
  • Os nenos e as nenas poderán facelos durante o luns e o martes.
  • NON SON AVALIABLES pero sérvenos para afianzar o traballado durante este segundo trimestre. 
  • Logo, se queredes, podedes enviar unha foto ou pdf ao correo ostunantes@blogspot.com
  • O mércores, seguiremos traballando.
2º.

🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈