sábado, 14 de marzo de 2020

Traballando desde a casa

BOS DÍAS.
Bos días, tunantes e tunantas:
Que tal estades? Estades na casiña? Iso está ben.
Como xa sabedes a partires do luns non podemos ir ao cole, pero haberá que seguir traballando desde a casa. Así que eu estou preparando material (vídeos, fichas) para que sigamos traballando "on line" (virtualmente, desde o espazo😃). Non vos librades de min!
Mentres tanto podedes, se queredes, facer unha das 70 ideas que aparecen na foto de abaixo e logo pedirlle a un/unha maior que vos faga unha foto e que a envíe ao correo ostunantes@gmail.com. Por exemplo, estades a facer un biscoito ou rematastes un debuxo fabuloso, pois podedes remitirme a foto e eu logo a publicarei no blog, así todos compartimos o que andamos a facer. Que vos parece?
Eu prometo contestar e tamén compartir.
Bueno, chicos bos, bonitos e brillantes e chicas boas, bonitas e brillantes, o luns subirei un vídeo do que temos que facer durante esta semana.
Ata logo! Cuidaros.😘
📢📢Case se me esquece, na parte dereita do blog tedes o enlace do blog de inglés.

4 comentarios:

  1. Bos días Salí, estes días son excepcionáis e na casa todavía estamos a organizarnos. Acabamos de conectar co blog, pola miña parte traballéi onte de mañá, a partir de hoxe estóu na casa en corentena por prevención e ímonos poñer ao día tanto Uxía como eu. Moito ánimo a tod@s y seguimos en contacto no blog. Moitas grazas Salí. Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Coidaros moito que o importante é a saúde. Unha forte aperta!

      Eliminar

E ti que pensas?

🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈