venres, 15 de maio de 2020

Venres, 15 de maio.

TAREFA 15 DE MAIO.

Ola! Xa estamos a venres...VENRES DE VIDEOCHAMADA.

A videochamada será ás 17:00h, para os nenos e nenas que teñan entre o número 1 ao 12, seguindo a lista da  clase, e ás 18:00 horas para os alumnos e as alumnas dos números comprendidos do  13 ao 25.

Non vos esquezades que celebraremos a noso Día das Letras Galegas virtual e hai que asistir, se queredes,  coas cores da bandeira de Galicia e cun poema, adiviña, conto..en galego. Eu penso sacar o meu traxe de galega que teño aquí, no armario, para presentarme ante vós.

Continuamos coa semana das Letras Galegas e déixovos un conto de Ricardo Carvahlo Calero. Así mesmo no  Blog de Normalizacion do cole  expuxéronse varias actividades en honor ao homenaxeado. Na fin de semana publicarei algunhas actividades, xogos... para o festexo do domingo 17.

Por último, hoxe tamén se conmemora o Día da familia e así que, desde aquí , felicito as  vosas familias porque nos están axudando a fan posible que seguimos conectados e conectadas  vós e eu. Grazas.👏👏👏👏

Déixovos unhas propostas de manualidades para agasallar  a vosa familia nesta ligazón, aínda que o máis importante da familia e estar xuntos/as e sans. LIGAZÓN

Bicos. Ata logo!

 💭💭RECORDATORIO DOS ENVÍOS DESTA SEMANA📧📧
  • Repaso da unidade 5 de Ciencias da Natureza.LIGAZÓN
  • Repaso da unidade 13. Matemáticas.ENLACE
  • Lingua galega.Unidade 10.LIGAZÓN

Conto de Carvahlo Calero.

🎲MATEMÁTICAS.
  • Nova unidade: 14. Libro páxinas: 180-183.
  • Ver vídeo explicativo das páxinas do libro. ENLACE.

🆎LINGUA
  • Solucionario. ENLACE   
  • Libro. Páxinas  160-162
  • Vídeo explicativo. ENLACE
 LINGUA 160-162 — Watch Video


👼RELIXIÓN. 🌈VALORES. Se queredes enviar foto.📧
Hoxe traballaremos todos xuntos e xuntas.
O día 15 de Maio é o día da Familia, e que mellor maneira de celebralo que estar xuntos en casa.  Sempre soubemos que a Familia é moi importante, e estes días na casa realmente vimos que é o MELLOR.
Propoñémosvos unha actividade:
Ver o vídeo "As familias somos diferentes" ENLACE
E unha vez visto o vídeo, facemos unha manualidade :
Imos facer pasta de sal,(Instrucións de como facela):
ENLACE

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que pensas?

🌈🌈DÍA DA PAZ🌈🌈