Hoxe
é o noso derradeiro día de clase. Durante estes dous anos compartimos
coñecementos, experiencias, momentos de alegría, risas e tamén algunhas
tristezas...pero sempre aprendimos algo importante: compartir.
Este final de curso é moi diferente ao que esperábamos pero ensinounos que a distancia non pode con nós e que seguimos conectados/as.
Agora
comeza para vós unha nova etapa e deséxovos moita sorte e forza en 3º.
Xa sabedes que aquí estou, por se algún día queredes falar conmigo.
Pois aquí está a nosa foto virtual!! Quedou preciosíiiiiisima!! Non están todos/as pero...estamos!! Agora teredes que adiviñar quen é cada un ou unha. Algúns nenos e nenas son fáciles de adiviñar , verdade que si? Están moi ben caracterizados. GRAZAS, FAMILIAS!!
O venres, publicarei a segunda parte da foto. Estades guapísimos e guapísimas!
A continuación expóñovos o que faremos no día de hoxe.
Gozade deste estupendo mércores de xuño. Biquiños.
📘LENGUA CASTELLANA.
Juego para demostrar tu buena ortografía de las palabras. LIGAZÓN.
🐖🐕CIENCIAS DA NATURALEZA.
Repasando o mundo dos animais. LIGAZÓN
📕MATEMÁTICAS.
Suma, resta, multiplica cos números perdidos. LIGAZÓN.
Bos días rapaciños e rapaciñas: Hoxe repasaremos as multiplicacións e escribiremos palabras difíciles en lingua castelá. Tamén déixovos un xogo para saber un pouquiño máis sobre a Terra e a Lúa. Disfrutade do día. Biquiños. 📢📢 Mañá publicarei a nosa foto virtual. Hai nenos e nenas que aínda non fixeron o seu avatar. Por favor, non vos esquezades. Mis grazas.
📕MATEMÁTICAS.
Practiquemos un pouquiño as multiplicacións. LIGAZÓN.
📘LENGUA CASTELLANA.
Deletreamos las sílabas trabadas. ENLACE Este xogo funciona mellor no buscadores de Chrome ou Firefox.
🌄CIENCIAS SOCIAIS.
Un xogo para coñecer un pouco máis a Terra e a Lúa. Podedes axudarvos co libro de Sociais (páxinas 104-107). Fai clic para xogar. https://quizizz.com/join?gc=5967107
Comezamos a derradeira semana do curso e téñovos preparada algunha sorpresiña, je, je.Estiven vendo a nosa foto virtual e está quedando preciosa, pero aínda faltan algúns tunantes e tunantiñas por realizar o seu avatar (lembrar que o mércores publicarei a foto😍).Xa somos 13!
Hoxe faremos un xogo de comprensión lectora en lingua galega, lengua castellana e un pouco de mate. Imos! Bo luns!
📒LINGUA GALEGA.
Un pouquiño de comprensión lectora. LIGAZÓN.
📘LENGUA CASTELLANA. El monstruo come sílabas. Es un juego para que penséis en las sílabas cuando escribáis. ENLACE.
📐MATEMÁTICAS.
Para practicar o cálculo e o razoamento.LIGAZÓN.
Hoxe ás17:00 horas teremos a nosa derradeira videochamada. Lembrar que podedes asistir disfrazados ou cun complemento e compartir o voso xoguete favorito, unha adiviña, a vosa colección de cromos,os vosos libros favoritos, uns debuxos , un poema, un baile...algo significativo para vós e que queirades que o vexamos.
Eu estou buscando un complemento e a miña boneca favorita.👽
📌📌Durante o día de hoxe enviareivos un enlace para que fagades o voso propio AVATAR para unha foto fin de curso virtual. É unha actividade moi curiosa e xa veredes que bonita vai quedar.
Agora imos coas actividades que podemos facer hoxe. Feliz fin de semana.!!! Vémonos as 17h. Biquiños
📕📙LINGUAS.
Elixe a palabra ben escrita. ORTOGRAFÍA. LIGAZÓN
💎TODAS AS ÁREAS.
Trivial.
Neste xogo tedes que tirar o dado e contestar as preguntas que vos fan de diferentes temas. Cada acerto sumará un quesiño (un triángulo) do Trivial. Cando teñades completo a voso porta quesiños, xogaredes as bandeiras finais. Sorte. ENLACE
Bos días, tunantes e tunantiñas:
Que tal estades?
Hoxe coñeceremos algúns pequenos trucos para aprenderse as táboas de multiplicar e tamén faremos un xogo de comprensión lectora. Bo día!
A partires de hoxe ya se remataron os repasos; aqueles nenos e nenas que teñades tarefas para entregar xa sabedes que tedes ata mañá como derradeiro día.
Este venres, 12 de xuño, ás 17:00h, faremos a nosa derradeira Videochamada todos e todas xuntos/as. Como é un día especial de despedida podedes vir disfrazados o cun complemento especial que vos guste (é voluntario). Podedes presentar:
Unha manualidade feita por vós (hai algunhas nas derradeiras páxinas do libro de Ciencias e de Sociais).
A vosa colección de...
O voso xoguete favorito.
Escribir ou debuxar o que máis vos gustou do curso e o que menos...
Un poema, un trabalingua, adiviña, experimento, xogo, baile, habilidade...o que queirades compartir e que se poida ver por todos/todas.
Iso será para o venres pero hoxe faremos varias cousas. Comezamos:
🌎CIENCIAS SOCIAIS.
Imos facer un cuestionario en liña sobre os planetas, moi diverdido. Clicades neste enlace, escribides o voso nome real ou imaxinario e xogades. Son 13 preguntas. Non tedes que rexistrarvos (omitir). Podedes axudarvos do libro de Ciencias Sociais para facelo. (Páxinas: 102-105). Boa sorte.
LIGAZÓN. quizizz.com/join?gc=8338186
Que alegría tiven onte ao poder vervos en persoa e non a través dunha pantalla! Xa non me acordaba de que seguides crecendo e facéndovos maiores. Grazas, grazas por vir a visitarme.
Que faremos hoxe? Pois tedes que enviarme o repaso número 6 de Ciencias e xa acaban os envíos das tarefas. Mañán será todo diferente, pero aínda nos queda por rematar unhas páxinas de sociais e de naturais, pero farémolo doutra forma.😉
Déixovos a tarefas para o día de hoxe. Un biquiño.
📕LENGUA CASTELLANA.
Libro. Repaso trimestral.Páginas :204-207
Mañana publicaré el solucionario de las actividades de hoy.
Bos días, tunantes e tunantiñas.
Que tal estades?
Comezamos esta semana con varios cambios, xa que rematamos case todos os libros e as tarefas que faremos, desde o mércores 10 ata o día 18 de xuño, serán actividades sen envíos e máis lúdicas como xogos, cuestionarios en liña, vídeos.O horario das áreas tamén cambiará.
Hoxe remataremos o libro de lingua e faremos o derradeiro repaso de lengua (mañán remataremos co repaso de ciencias da natureza).
📌📌Por favor, se tedes tarefas pendentes envialas antes do xoves 11 de xuño.
E o máis importante do día é que hoxe poderemos vernos persoalmente no cole. Viva!!!!👏👏👯👯
Hoxe, 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente e así que comezamos cunha árbore para celebrar este día e tamén un vídeo, que fixen fai anos para esta onomástica. Ligazón.
Como é venres xa sabedes que hoxe teremos videochamada, a penúltima do curso ,e non fai falta que traiades nada porque traballaremos o seguro, o posible e o imposible. Je,je...xa veredes😆
Quenda da mañán: 12:00 h.
Quenda da tarde:17:00 h.
Finalmente, preséntovos as tarefas do día de hoxe,na que realizaremos o repaso de lingua galega e o recordario das actividades a enviar ao correo do blog. Un biquiño grandote e vémonos dentro dun ratiño. Bicos.
Repaso da unidade 12. LIGAZÓN. ENVIAR ao correo do blog.
👼RELIXIÓN. Se queredes enviar foto.📧
Derradeira tarefa.
Ola, Que tal? Xa estamos en xuño!!!! Si,si… estamos en xuño!!! Xa non
queda nada para o verán Pero antes , e como todos os anos… esta semana
celébrase o Día mundial do medioambiambiente!!! que ten como lema:
“Conectar á xente coa natureza na cidade e no campo desde os Polos ao
#Ecuador”
Que día é? Quen o sabe?? (Pista: Vede o debuxo un pouco máis arriba)
Estes
días estivemos a traballar sobre a FAMILIA e a AMIZADE…Grandes
Bendicións que Deus dános!!! Pero, sabedes? Deus regálanos tamén o
planeta!!! E debemos coidalo!!! Ao principio da BIBLIA, no primeiro
libro, Xénese 1…Deus regálanos a natureza ,pon ao home no medio dela e
dálle un mandato:
COIDAR DA CREACIÓN!!!
Así que unha das nosas MISIÓNS é coidar a Natureza… e como o podemos facer???
Acordádesvos das 3 R???
Actividades para esta semana (son propostas e podedes realizar a que queirades) Podedes descargar o pdf das actividades AQUÍ.
🌈VALORES.
Proposta polo profe Alberto
Ola chic@s!!!, para esta semana propoño facer un xogo de valores. Tedes
que facer un comecocos de papel, podedes imprimir directamente a foto
que se adxunta, ou simplemente cun folio en branco seguir os pasos de
este tutorial e logo pintalo como o da foto da páxina seguinte.LIGAZÓN.
Para descargar.
Boas tardes! Agora que xa falta pouquiño e vai calor podemos aproveitar as tardes para recoller flores e facer coroas, colares, pulseiras...como fixeron as nosas dúas compis. Que fotos máis bonitas!!👭👭
Bos días!
Hoxe rematamos o libro de matemáticas e faremos o derradeiro repaso de lingua galega. Xa queda pouquiño. Ánimo e disfrutade do día. Biquiños.
Hoxe faremos o último repaso de matemáticas de 2º e teredes ata o domingo 7 de xuño para enviar o repaso feito ao correo do blog. Antes de pasar as actividades propostas do día ,mirade que traballiños tan orixinais fixeron os/as nosos/as compis. Ligazón
🆎LINGUA.
Solucionario das actividades feitas o venres.ENLACE.
Para hoy nuestro reto será conseguir que alguien en
vuestra familia juegue con vosotros porque os propongo el juego de
Asterix de educación física. Recordad que cumplir las normas y el juego
limpio hace que nos lo pasemos mejor durante los Juegos.
Un abrazo enorme mis chic@s.
Bos días, tunantes e tunantiñas:
Xa estamos a martes e aquí vos presento as actividades para hoxe e tamén déixovos o traballo dos nosos nomes en forma de acrósticos; son preciosos. Grazas.Ligazón.
Bos días, mociños e mociñás! Envíovos un whatsapp virtual.😀
Durante esta semana faremos o repaso de sociais e matemáticas e case rematamos os libros. Tamén quería comentarvos que o venres pasado, na videochamada, quedei moi sorprendida e moi contenta cos arcos da vella que fixéstedes: sodes moi orixinais!!!. Bravísimo.👌😍😍
📕MATEMÁTICAS-.
Solucionario das actividades feitas o venres. ENLACE.
Solucionario das actividades da semana pasada. ENLACE.
Repaso da unidade 6, LIGAZÓN. Enviar ao correo do blog.
🏃 EDUCACIÓN FÍSICA
HOLA MIS BOCACHANCl@S.
Que tal estáis? Para hoy os dejo el vídeo de una
compañera que os convertirá en piratas para pasar un buen rato. Recordad
pedirle a mamá/papá o a un familiar que os abra una ventana porque estos días hace muchísimo
calor. Además debéis tener a mano una botella de
agua para pode beber y al final de la clase lavaros las manos y la
cara. Un beso muy grande para tod@s. Profe Lucía.